Natividade González defende o modelo cultural do BNG na Deputación como «vangarda dunha cultura que coida, concilia e tece redes de apoio e convivencia»
25/set./2024
A deputada de Cultura presentou hoxe no Museo do Pobo Galego o libro A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura, editado polo seu departamento. Foi durante o programa do 'X Encontro Cultura e Cidadanía' do Ministerio de Cultura, que se está a desenvolver desde onte en Compostela. Acompañou a González a investigadora, creadora e xestora cultural, Sabela Mendoza, nunha conversa moderada polo coordinador da publicación, Alberto de Boiro.