Xosé Penas: «Debemos buscar novas formas de facer economía, cunha perspectiva global común, sostible e de progreso»

Buendía, Penas, Otero e Regueira, na inauguración das xornadas, hox, na Facultade de Económicas
Buendía, Penas, Otero e Regueiro, na inauguración das xornadas, hoxe en Compostela

O deputado de Patrimonio e Contratación participou esta mañá na inauguración, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, das  XIX Xornadas de Economía Crítica, que se celebrarán na capital galega do 12 ao 14 de xuño co apoio da Deputación da Coruña.

 

Xosé Penas: «Debemos buscar novas formas de facer economía, cunha perspectiva global común, sostible e de progreso»

Xosé Penas inaugurou hoxe en Compostela as XIX Xornadas de Economía Crítica, que se celebrarán do 12 ao 14 de xuño na capital galega, organizadas pola Asociación de Economía Crítica e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC co apoio da Deputación da Coruña.

O responsable provincial de Contratación e Patrimonio salientou a importancia de «buscar novas formas de facer economía, cunha perspectiva global común, sostible, de progreso e que teña en conta os dereitos humanos para construír unha realidade máis xusta».

«A economía», defendeu Penas, «debe ser o medio de transmisión que analice de xeito singular todas as teorías e as solucións aos retos actuais». «As facultades coma esta», engadiu, «son o faro de coñecemento, mais tamén a luz que nos ensina a pensar diferente». E concluíu: «A economía do futuro debe ser verde, feminista, social e crítica».

O deputado do BNG cadrou esta mañá na apertura das xornadas cun dos relatores, o economista británico Michael Roberts, seguidor da visión marxista da sociedade durante más de 40 años. Na súa intervención, Roberts ofreceu un atinadísimo diagnóstico da policrisis del capitalismo tardío.

Xosé Penas: «Debemos buscar novas formas de facer economía, cunha perspectiva global común, sostible e de progreso»