Novas
Os deputados do grupo provincial do BNG, antes de presentar o balance do ecuador de mandato, hoxe na Coruña

BNG da Deputación da Coruña lidera o cambio na provincia cun modelo de goberno responsable e políticas transformadoras

O grupo provincial do Bloque Nacionalista Galego fixo hoxe balance dos dous anos de mandato no actual goberno da Deputación da Coruña: políticas transformadoras, no local e no global, transversais, con impacto máis aló das áreas de xestión.

As políticas do BNG sitúan a vida no centro, cun enfoque feminista, ecoloxista, social e nacionalista: dous anos máis de xestión para seguir transformando a provincia da Coruña, como o BNG leva facendo na última década no Goberno da Deputación, aportando estabilidade institucional e xestión responsable, e consolidando un modelo de cogoberno eficaz.

O BNG lidera o cambio na provincia da Coruña e é modelo de goberno responsable e alternativa real de goberno á Xunta: reivindica a identidade galega, apoia aos concellos en continua cooperación, e establece canles de comunicación constante con todos os sectores.

Ler novas
Xosé Regueira, durante a súa intervención no IV Foro Económico Galicia-El Español, hoxe na Coruña

Xosé Regueira reafirma o papel do turismo como xerador de riqueza e oportunidades no eido local

O vicepresidente provincial participou hoxe  na mesa redonda 'Cara a onde vai o turismo en Galicia', do IV Foro Económico Español 'La Galicia que viene', organizado por "El Español" e Invertia na sede coruñesa d'Afundación, onde se reúnen máis de setenta relatores de primeiro nivel en sectores clave coma a enerxía, a industria, a tecnoloxía, a vivenda, o turismo e a sostibilidade.
Ler novas
Veira, durante a súa intervención no foro, hoxe en Vimianzo

Avia Veira pide «non validar nin aceptar máis comportamentos, actitudes nin situacións de discriminación das mulleres»

A deputada e portavoz do grupo provincial do BNG participou hoxe na inauguración do I Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte ‘Alza Voz de Muller’, un encontro organizado pola Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo que reúne a 120 mulleres da provincia para compartir experiencias, retos e inspiración arredor do emprendemento e a innovación con perspectiva de xénero.
Ler novas
Intervención de Sol Agra na entrega do premio, hoxe no CGAC

Sol Agra denuncia o «xenocidio que estamos permitindo en Palestina» na entrega do XXI Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa ao Sindicato de Xornalistas Palestinos

«O sindicato de prensa palestino segue loitando pola liberdade informativa, garantindo que as violacións dos dereitos humanos en Palestina sexan documentadas e difundidas en todo o mundo», dixo a deputada do BNG no acto que se celebrou esta mañá no Centro Galego de Arte Contemporánea, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración da área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña, da que é titular Agra.
Ler novas
Méndez, Regueira, Sutil, Ferrero, González e Villa, hoxe na presentación do festival

Xosé Regueira e Natividade González destacan o Interplay como «espazo de diálogo, liberdade e vangarda», na presentación da 12ª edición do festival carballés

«O Interplay é un lugar para poder enriquecerese: eu sempre aprendo moitísitimas cousas en cada edición, e podo asegurar que quen o coñece repite», dixo o vicepresidente sobre un festival que naceu e medrou grazas ao seu apoio. «Regueira», afirmou a deputada de Cultura, «soubo mirar máis alá do cotián, apostar pola innovación e dar proxección a Carballo como epicentro da creatividade e da innovación cultural, non só con esta iniciativa, senón con moitas outras que levan a marca da imaxinación, do compromiso e da visión estratéxica».

Ler novas
Regueira presenta a demostración culinaria de Lucía Freitas, hoxe no Galicia Fórum Gastronómico

Regueira reafirma no peche do Galicia Fórum «o compromiso da Deputación coa preservación da autenticidade gastroturística da provincia»

O vicepresidente provincial cualificou de «moi positivo» o paso de Turismo da Deputación pola feira, «unha cita que xa é de referencia internacional e que nos permite promover a nosa gastronomía e o noso turismo e tamén poñer en valor o traballo dos nosos produtores e produtoras locais ante un público moi diverso, tanto profesional como xeral».
Ler novas
Natividade e González, na súa visita hoxe a OSG no Palacio da Ópera

Avia Veira destaca «a importancia revolucionaria do común nun tempo de emerxencia no mundo» na entrega a Manuel Rivas do premio Coruñés do ano, do Circo de Artesáns

A portavoz do grupo provincial do BNG puxo en valor o traballo do Circo durante os seus 178 anos de vida: «Falamos dunha entidade senlleira na cultura da cidade, da provincia e do país; a sociedade viva máis antiga de Galiza e un fervedoiro cultural polo que pasaron personalidades como Manuel Murguía, Concepción Arenal, Ortega y Gasset, Miguel de Unamuno, Castelao, Vicente Risco, Emilia Pardo Bazán, Otero Pedrayo, Sofía Casanova e tantas outras».
Ler novas
Agra, durante a súa intervención no encontro, hoxe no Círculo de artesáns coruñés

Sol Agra: «A Deputación da Coruña é esa administración aliada que promove iniciativas os 365 días do ano para fomentar a igualdade real en todos os estamentos da sociedade»

A deputada de Igualdade inaugurou esta mañá na Coruña as xornadas 'Retos e resistencias das mulleres migrantes', unha iniciativa do seu departamento co gaio do 8M, coordinada pola entidade Yarama África, para alertar das múltiples barreiras que enfrontan no seu proceso de integración social, laboral e cultural e no exercicio pleno dos seus dereitos. Ao acto de apertura asistiron os seus compañeiros no grupo provincial do BNG.
Ler novas
Natividade González, na presentación do Resis 2025, hoxe na Coruña

Natividade González: «Na área de Cultura da Deputación o BNG segue a apostar por políticas públicas a prol da recuperación do sentido de identidade, de comunidade e de pertenza»

O departamento que xestiona a titular provincial de Cultura vén de convocar a primeira edición do Fondo de proxectos singulares en lingua galega de especial interese cultural e orientados á mellora social. Un certame que repartirá 300 000 euros entre vinte iniciativas de acción social relacionadas coa igualdade, os dereitos civís, o respecto á diversidade, o respecto medioambiental, o medre da estima colectiva e cohesión social, a integración social, a memoria democrática ou a sensibilización patrimonial e identidade local.
Ler novas
Penas, Seixas, Regueira, Suárez, Pose, García e González, na xuntanza de hoxe en Carballo

Xuntanza de traballo do grupo provincial do BNG e o consello comarcal de Bergantiños

A reunión serviu para que os deputados e deputadas provinciais trasladasen as principais liñas de traballo na Deputación, así coma todas as liñas de subvencións ás que poden optar os concellos das áreas gobernadas polo BNG: Turismo e Promoción Económica; Plans Provinciais e Asistencia a Municipios; Cultura; Patrimonio e Contratación e Igualdade,  Lingua e Dereitos Civís.
Ler novas