Natividade González e Sol Agra inauguraron na Pobra do Caramiñal a exposición itinerante do XVIII Certame de Arte Isaac Díaz Pardo
10/maio/2024
«A cultura é un dereito, como xa vén demostrando o BNG desde hai anos no departamento de Cultura da Deputación. E é un dereito accesible en todos os concellos e para todas as persoas; por iso esta mostra poderá verse, ao longo de 2024, en Ames, Cee, Culleredo, Narón, Noia, Ortigueira, Outes, Porto do Son e Ribeira, ademais de na Pobra», dixo González.