Xosé Regueira, no encontro 'A Coruña cos 5 sentidos': «Os nosos cociñeiros e produtores son a nosa mellor marca»

Intervención de Regueira no encontro 'A Coruña cos 5 sentidos', celebrado en Donostia
Intervención de Regueira no encontro 'A Coruña cos 5 sentidos', celebrado en Donostia
O vicepresidente provincial valorou moi positivamente a súa viaxe a Donosti, onde onte participou na presentación de 'A provincia que sabe', unha das marcas co que o departamento de Turismo da Deputación promove a riqueza turística e gastronómica da provincia.
Xosé Regueira, no encontro 'A Coruña cos 5 sentidos': «Os nosos cociñeiros e produtores son a nosa mellor marca»

Acabado de chegar de San Sebastián, Xosé Regueira fixo unha valoración 'moi positiva' da súa viaxe á capital donostiarra, onde onte participou no encontro 'A Coruña cos 5 sentidos'. A xornada, que acolleu o hotel Nobu, serviu para que o vicepresidente provincial presentase 'A provincia que sabe', unha das marcas co que seu departamento promove a riqueza turística e gastronómica da provincia.

«Queremos exhibir o noso territorio en foros moi específicos, da man de cociñeiro e de produtores que son a nosa mellor marca». "Neste sentido, Donostia é un mercado moi atractivo, onde mirarnos como sector turístico e gastronómico, e tamén onde vender turismo».

Regueira salientou «a grande oportunidade que supón para os produtores poderen exhibir o seu traballo en espazos tan relevantes e profesionais coma este, onde conseguiron contactos comerciais e onde tamén tiveron a ocasión de darlles visibilidade ás súas marcas ante un sector da restauración con moito interese polos saberes e sabores da provincia».

 

Xosé Regueira, no encontro 'A Coruña cos 5 sentidos': «Os nosos cociñeiros e produtores son a nosa mellor marca»