Un novo goberno para seguir no camiño iniciado hai catro anos

WhatsApp Image 2019-06-29 at 12.52.44
Os portavoces dos grupos provinciais do PSOE, Bernardo Fernández, e BNG, Xosé Regueira, presentaron este sábado os detalles do acordo.

BNG e PSOE reeditan o pacto de goberno na Deputación co compromiso de “profundizar nas políticas seguidas na Deputación nos últimos catro anos”, que supuxeron “unha transformación radical” da institución.

O nacionalista Xosé Regueira dirixirá a única vicepresidencia. 

O socialista Valentín González Formoso seguirá presidindo a Deputación

Un novo goberno para seguir no camiño iniciado hai catro anos

O texto do acordo suscrito por PSOE e BNG apunta o compromiso común de “profundizar ao longo deste mandato nunha decidida política de delimitación de funcións da Deputación da Coruña, axustándoas ao seu estricto marco competencial” e “impulsar a maior transferencia de recursos económicos aos pequenos e medianos concellos”.

 

Ademáis, os asinantes comprométense a priorizar as políticas para “combater o despoboamento” e “corrixir os desequilibrios territoriais” como eixes transversais da acción do goberno, dentro dunha serie de medidas programáticas entre as que se citan potenciar as estruturas de cooperación e apoio técnico aos concellos para a obtención de fondos europeos e subvencións, limitar ao 4% o orzamento destinado a subvencións nominativas , rematar o cambio de modelo de servizo de extinción de incendios para convertelo nun auténtico servizo público e cumprir coa Lei de Memoria Histórica, entre outros.

 

Asimesmo, establécese o  compromiso de “profundizar nas políticas seguidas na Deputación da Coruña nos últimos catro anos”, que supuxeron “unha transformación radical do seu funcionamento” e que seguirá tendo como principios fundamentais “corrixir desequilibros territoriais” e fomentar “a igauldade de todos os concellos na prestación de servizos básicos, con criterios obxectivos e transparentes” e “priorizando a implantación de servizos de forma cooperativa e de carácter supramunicipal”.

 

O acordo plantexa tamén “o inicio dun proceso de negociación coa Xunta de Galicia  sobre infraestruturas, equipamentos, centros e servizos que deben ser transferidos á comunidade autónoma”.

 

Áreas e xuntas de goberno e portavoces

A Xunta de Goberno, que se celebrará con periodicidade quincenal, estará composta por doce membros, oito do PSdeG-PSOE e catro do BNG; mentres que a Xunta de Portavoces estará composta polos portavoces de todos os grupos políticos con representación na corporación.

 

No acordo establécese a creación de nove áreas de goberno, que serán:  Economía, Facenda, Especial de Contas, Persoal e Réxime Interior; Benestar e Educación; Promoción Económica e Asistencia a Municipios; Cooperación, Plans Provinciais, Turismo e Patrimonio Histórico e Cultural; Vías e Obras Provinciais; Cultura, Igualdade e Normalización Lingüística; Deporte e Mocidade; Contratación, Patrimonio e Equipamentos e Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible.

 

Os plenos seguiranse celebrando os últimos venres de cada mes. 

Un novo goberno para seguir no camiño iniciado hai catro anos