Xosé Regueira reafirma o papel do turismo como xerador de riqueza e oportunidades no eido local

Xosé Regueira, durante a súa intervención no IV Foro Económico Galicia-El Español, hoxe na Coruña
Regueira, durante a súa intervención no IV Foro Económico Galicia-El Español, hoxe na Coruña
O vicepresidente provincial participou hoxe  na mesa redonda 'Cara a onde vai o turismo en Galicia', do IV Foro Económico Español 'La Galicia que viene', organizado por "El Español" e Invertia na sede coruñesa d'Afundación, onde se reúnen máis de setenta relatores de primeiro nivel en sectores clave coma a enerxía, a industria, a tecnoloxía, a vivenda, o turismo e a sostibilidade.
Xosé Regueira reafirma o papel do turismo como xerador de riqueza e oportunidades no eido local

Xosé Regueira volveu defender o papel do turismo como «unha actividade económica que xera oportunidades de emprego e benestar para a poboación residente e para o territorio, en canto á economía, fixación de poboación no rural ou emprendemento da mocidade». Afirmouno esta mañá na mesa redonda 'Cara a onde vai o turismo en Galicia', do IV Foro Económico Español 'La Galicia que viene', organizado por "El Español" e Invertia na sede coruñesa d'Afundación, onde se reúnen máis de setenta relatores de primeiro nivel en sectores clave coma a enerxía, a industria, a tecnoloxía, a vivenda, o turismo e a sostibilidade.

Acompañaron o vicepresidente provincial na mesa, moderada polo director de "Quincemil", Pablo Grandío, o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; o concelleiro de Turismo e Cultura do Concello da Coruña, Gonzalo Castro; o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez.

«Na Deputación», afirmou Regueira, «buscamos estratexias pensadas para xestionar fluxos e para que os visitantes cheguen ao conxunto do territorio da provincia, porque todo ten potencial, dende o interior ata a costa, pasando polas tres xoias urbanas, e situamos a gastronomía e a paisaxe como os elementos principais de toda a nosa política turística». «Porque temos un país moi rico con centos de produtos turísticos que ofrecer no escaparate mundial», resumiu.

O vicepresidente puxo en valor o traballo conxunto entre administracións e a colaboración público-privada e lembrou a «moi boa saúde dun sector turístico con moi boa saúde, que aposta pola sostibilidade e que ofrece unha experiencia turística en destino moi diversa e dunha gran calidade».

Tamén se refeiru Regueira á 'turistificación' e á 'turismofobia': «En Galicia estamos todos implicados no coidado do turismo para que siga sendo unha actividade rendible para o territorio, a poboación residente e o sector». «É preciso», engadiu, «anticiparse e buscar solucións administrativas a problemas globais que, aquí, aínda non son unha realidade; pero para iso precisamos unha ferramenta legal actualizada que faga fronte ao crecemento turístico dos últimos anos, que protexa o negocio, o territorio e a poboación residente».

Xosé Regueira reafirma o papel do turismo como xerador de riqueza e oportunidades no eido local