O Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 'Os fogóns do Anllóns' segue a avanzar, logo da xuntanza que Regueira mantivo cos cinco concellos que participan no proxecto
O Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 'Os fogóns do Anllóns' segue a avanzar, logo da xuntanza que Xosé Regueira mantivo cos cinco concellos que participan no proxecto: Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laracha, Carballo e Coristanco. O vicepresidente anunciou o inicio do procedemento de contratación da secretaria técnica e o investimento do 30 % inicial de fondos.
Na reunión de traballo tamén se tratou a sonorización do río e a liña de subvencións para a mellora da imaxe dos establecementos de hostalería, e informouse da localización dos miradoiros e das áreas de aparcamento.
Regueira pediu a cooperación de todos os axentes implicados, unha importante aposta do seu departamento: «Porque é un proxecto que está concibido para ofrecer un produto turístico de calidade, baseado na gastronomía local e sostible, e para cumprir cos catro eixos transversais que os fondos Next Generation esixen para acceder ás súas axudas: transición verde e sostible, mellora da eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade».