Xosé Regueira: «Biocultura é unha feira fundamental para nós porque trata sobre a sostibilidade, sobre a ecoloxÃa e sobre o futuro do turismo»
A quinta edición de Biocultura, a feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos máis importante do Estado, inaugurouse esta mañá no recinto feiral de Expocoruña, nun acto no que Xosé Regueira representou á Deputación, o maior patrocinador da mostra.
«Dentro do programa de feiras que se celebran na provincia, Biocultura é para nós unha das máis importantes porque toca sectores que para o departamento de Turismo da Deputación son absolutamente sensibles», salientou Regueira. «Por iso, desde a primeira edición, fixemos o posible para que a mostra se celebrase na Coruña, porque para nós é fundamental unha feira que trata sobre a sostibilidade, sobre a ecoloxÃa e sobre o futuro do turismo; e que, ademais, está comprometida, dalgún xeito, co territorio. E, neste sentido, a estratexia da feira e a estratexia da Deputación coinciden».
A Deputación contará en Biocultura cunha caseta, de máis de 100 metros cadrados, dedicada, en palabras do vicepresidente, «á promoción de produtos ecolóxicos, de marca Eco; produtos de toda a cadea agroalimentaria; produto cosmético e produto enolóxico; e cociña en directo, para que ademais se poida degustar ese produto transformado en bocados de restauración. O stand acollerá tamén relatorios sobre os plans de sostibilidade que o departamento de Turismo provincial está a executar con cargo aos fondos Next Generation adxudicados dentro do plan enogastronómico de Galicia».