Novas
Os deputados do grupo provincial do BNG, no balance do ecuador de mandato, hoxe na Coruña

Sol Agra denuncia a falta de recursos para facer fronte nas aulas ós discursos contra a memoria histórica

«A Deputación non ten capacidade lexislativa, pero na nosa área de goberno consideramos un deber a promoción de actividades que axuden a mellorar a sociedade e que reforcen os valores de convivencia, liberdade e igualdade», dixo a deputada do BNG na presentación de 'Fai memoria', a xornada que se celebra hoxe no centro sociocultural Maruxa e Coralia compostelán, organizada polo departamento provincial de Dereitos Civís.

Ler novas
A responsable provincial de Cultura, Natividade González

Natividade González: «A profesionalización dos servizos de cultura dos concellos é imprescindible para achegar unha oferta de calidade a toda cidadanía»

A Deputación subvencionará este ano con 740 000 euros os gastos de persoal técnico de animación cultural e do encargado da xestión cultural nas entidades municipais en 2025, unhas axudas que se repartirán entre 61 beneficiarios e que, segundo González, «contribuirá ao mantemento e á mellora no recoñecemento do perfil profesional nos postos de traballo, sempre desde o necesario respecto á autonomía municipal».

Ler novas
Maseda, Bugallo, Marey, Agra e Ferreiro, na inauguración da Mostra

Sol Agra pon en valor o traballo do seu departamento a prol da igualdade e os dereitos LGBT na homenaxe da Deputación á activista trans coruñesa Trinidad Falcés

«Teño a honra de dirixir a mellor área política da Deputación: Igualdade, Lingua e Dereitos Civís; tres espazos que ocupan tamén, as máis das veces, as marxes, porque desde a ‘corrección’ política nos queren invisibilizar para sacarnos só nas datas sinaladas, deixándonos existir máis se se nos nota menos, como á xente do colectivo LGBT», salientou a deputada na inauguración da exposición 'Relembrado a Trini', esta tarde na Biblioteca Municipal Durán Loriga, da Coruña.
Ler novas
Regueira, na inauguración hoxe do Cimix Narón

Regueira defende a «lealdade institucional» da Deputación para apoiar proxectos coma o Cimix Narón, «de interese para toda a provincia»

«Este patrimonio industrial vaille dar valor ao Camiño Inglés e contribuír a unha oferta turística máis diversificada no concello, en Ferrolterra e en toda a provincia, por iso non podemos máis que que festexar este momento», dixo o vicepresidente na presentación hoxe do Centro de Interpretación que explicará a historia dun conxunto etnográfico que data do século XVIII.
Ler novas
Regueira, durante a súa intervención na presentación dos orzamentos, hoxe na sede provincial

Regueira salienta o esforzo investidor da Deputación fronte a Xunta e o Goberno estatal na presentación dos orzamentos provinciais para 2025

«Se desaparecese o labor de fomento da Deputación da Coruña no ámbito territorial da provincia, seguramente caerían a maioría dos tecidos cultural e deportivo, e xa non digamos o labor de planificación e de investimento dos concellos: dos 93 municipios coruñeses, á parte as cidades e as grandes obras hidráulicas da comunidade autónoma, as máis de mil obras públicas que se fan na provincia teñen detrás o esforzo investidor da Deputación», afirmou o vicepresidente.
Ler novas
Regueira, nunha das actividades de Turismo da Deputación no Gastronomic Forum Barcelona

Xosé Regueira valora «moi positivamente» a participación de Turismo da Deputación no Gastronomic Forum Barcelona 2024

«Viñemos a Barcelona con veinte e cinco accións gastronómicas, como degustacións e cociña en vivo, e demostramos que estamos aliñados claramente cun produto sostible, moi arraigado no territorio, capaz de asentar poboación no rural e que, por riba de todo, lle dá á gastronomía toda a importancia que ten e merece», afirmou hoxe o vicepresidente provincial ao remate da feira.
Ler novas
Regueira, na súa intervención no falodoiro celebrado en Betanzos

Xosé Regueira: «O obxectivo de Degusta A Coruña é poñer en valor o noso sector agroalimentario e falar do futuro do turismo e da gastronomía»

«A Axenda 2030 obríganos a repensar moitas outras cuestións, tamén relacionadas coa gastronomía, tanto a nivel global coma local, e este foro parécenos un espazo idóneo para reflexionar sobre eses retos de futuro», sinalou o vicepresidente na xornada inaugural do novo congreso organizado polo departamento de Turismo da Deputación.
Ler novas
Regueira, na súa intervención en Xantar, hoxe en Ourense

Xosé Regueira: «O turismo da provincia é competitivo en todo o mundo pola calidade da nosa gastronomía»

«Temos a sorte de que a nosa provincia sexa un destino de refuxio porque mantén as catro estacións, o que posibilita que contemos cunha cociña de temporada que nos fai atractivos para o visitante en calquera mes do ano», salientou hoxe o vicepresidente no acto central do 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se está a celebrar en Ourense.
Ler novas
Regueira, durante a súa intervención no VIII Foro Territorios Patrimonio, hoxe en Monforte

Xosé Regueira: «A nosa estratexia turística pasa por contribuír a protexer o territorio tendo en conta a poboación local como factor de rendibilidade»

«Cos cinco Plans de Sustentabilidade Turística en Destino que temos en marcha perseguimos ademais unha xestión máis eficaz de fluxos, co obxectivo de que se descubran outros destinos da nosa provincia, e unha mellor distribución da riqueza turística, para que repercuta tamén na pequena economía local», afirmou hoxe o vicepresidente no VIII Foro Territorios Patrimonio, que se está a celebrar en Monforte.
Ler novas
Suárez e Agra levan un coroa de flores á placa que lembra as Mártires

Sol Agra fai unha defensa das mulleres e da soberanía fiscal para Galiza na homenaxe do BNG ás Mártires de Nebra

«Hoxe, 12 de outubro, nós non temos nada que celebrar desa Hispanidade, que significa imposición, militarismo, racismo e corrupción; nós hoxe homenaxeamos a memoria de Francisca Carou, Ramona Suárez Pouso, Xenerosa Vidal Cadórniga, Rosa Cadórniga Maneiro e Antonio Sobrado Luaces; celebramos un episodio de loita e resistencia fronte ao centralismo español que fai parte da historia da nosa nación, sistematicamente ocultada, silenciada e manipulada», dixo Agra.

Ler novas
Regueira e Veira conversan con Husni Abdel Wahed, hoxe na sede da Deputación

Xosé Regueira e Avia Veira trasládanlle ao embaixador de Palestina en España a solidariedade do BNG co pobo palestino

O vicepresidente e a nosa voceira na corporación manifestáronlle ao diplomático a súa preocupación «pola escalada de violencia que está a perpretar o Goberno sionista de Israel» e o seu asombro «pola pasividade de Occidente, que segue a consentir, por unha banda, o xenocidio do pobo palestino, e por outra, a estratexia de ocupación e bombardeo de estados soberanos».
Ler novas