Xosé Regueira: «A nosa estratexia turística pasa por contribuír a protexer o territorio tendo en conta a poboación local como factor de rendibilidade»

Regueira, durante a súa intervención no VIII Foro Territorios Patrimonio, hoxe en Monforte
Regueira, durante a súa intervención no VIII Foro Territorios Patrimonio, hoxe en Monforte
«Cos cinco Plans de Sustentabilidade Turística en Destino que temos en marcha perseguimos ademais unha xestión máis eficaz de fluxos, co obxectivo de que se descubran outros destinos da nosa provincia, e unha mellor distribución da riqueza turística, para que repercuta tamén na pequena economía local», afirmou hoxe o vicepresidente no VIII Foro Territorios Patrimonio, que se está a celebrar en Monforte.
Xosé Regueira: «A nosa estratexia turística pasa por contribuír a protexer o territorio tendo en conta a poboación local como factor de rendibilidade»

Xosé Regueira explicou hoxe as políticas do BNG para o turismo desde a Deputación, «unha estratexia que pasa por contribuír a protexer o territorio tendo en conta a poboación local como factor de rendibilidade».  Afirmouno hoxe na mesa redonda 'Turismo sustentable e conservación do patrimonio cultural', que se celebrou no parador de Monforte no marco do  VIII Foro Territorios Patrimonio.

O vicepresidente fixo referencia aos cinco Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTDs) que o seu departamento ten en marcha ‒Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal, Fragas do Eume, Fogóns do Anllón, Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle e o do patrimonio militar e baterías de Costa de Ferrol‒ para defender esa estratexia: «Con eles perseguimos ademais unha xestión máis eficaz de fluxos, co obxectivo de que se descubran outros destinos da nosa provincia, e unha mellor distribución da riqueza turística, para que repercuta tamén na pequena economía local» que repercuta tamén na pequena economía local».

Regueira reflexionou sobre o cambio de paradigma que supuxo a Covid 19 en canto aos obxectivos do sector turístico, que pasou de centrarse na sustentabilidade a poñer o foco na súa recuperación. «Neste momento, temos que ir máis aló e buscar o equilibrio entre o que se pode rexenerar e o que se pode consumir, e o turismo pode axudar a loitar contra o cambio climático, poñendo en marcha modelos máis pensados para o territorio, mais non é quen de resolver por si mesmo todos os retos globais nin acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible». «Falar de sustentabilidade turística», engadiu, «implica falar necesariamente de mobilidade, polo que hai que planificar turismo dende un punto de vista global».

Outro dos ODS que Regueira puxo en valor foi o da alimentación saudable e a mellora da nutrición. «Para acadalo é preciso mirar no fondo do noso mar, pois o futuro atópase na despensa submarina. Na nosa provincia temos 956 quilómetros de costa, con todo o que iso implica, polo que é fundamental e urxente protexer o noso medio mariño máis e mellor».

Para o vicepresidente, «o reto da xestión turística é contribuír a frear a crise planetaria a través da educación, da concienciación e da planificación, concedéndolle a importancia que merece un sector que na nosa provincia representa o 12 por cento do PIB e o 14 por cento do emprego neto, maioritariamente mozo e feminino; polo que, en definitiva, hai que buscar vías para o turismo menos agresivas coa comunidade e beneficiosas para a poboación local», rematou.

Xosé Regueira: «A nosa estratexia turística pasa por contribuír a protexer o territorio tendo en conta a poboación local como factor de rendibilidade»