PRESENTOU A 18ª XORNADA DO PROGRAMA 'A CULTURA É UN DEREITO', QUE SE CELEBRA HOXE NO PAZO DE MARIÑÁN

Natividade González enxalza o efecto «curador» da cultura e a súa capacidade para transformar a sociedade a todos os niveis

González, na súa intervención na presentación da xornada, hoxe no Pazo de Mariñán
González, na súa intervención na presentación da xornada, hoxe no Pazo de Mariñán
«A cultura é un dereito porque, entre outras cousas, mellora as nosas vidas, o noso benestar e a nosa saúde. Son infinitos os exemplos de como a arte serve para apoiar tratamentos sanitarios a nivel cognitivo, emocional e físico en todas as etapas da vida. E hoxe veremos algúns», afirmou a deputada.
Natividade González enxalza o efecto «curador» da cultura e a súa capacidade para transformar a sociedade a todos os niveis

O Pazo de Mariñán acolle hoxe a 18ª xornada do programa 'A cultura é un dereito’, organizada pola área de Cultura da Deputación coa colaboración da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento e a Asociación A Memoria é Náufraga. Co nome ‘Arte e saúde. A música’, os relatorios céntrase, nesta edición, na relación entre eses dous ámbitos e na música como ferramenta social e terapéutica.

Abriu a xornada Natividade González, «un programa de primeirísimo nivel, diverso e ambicioso, como é a nosa cultura». «Os relatorios», explicou a deputada, «céntranse «nunha temática pouco explorada, a da relación entre arte e saúde; concretamente, da música». «A cultura», abundou, «é un dereito porque, entre outras cousas, mellora as nosas vidas, o noso benestar e a nosa saúde. Son infinitos os exemplos de como a arte serve para apoiar tratamentos sanitarios a nivel cognitivo, emocional e físico en todas as etapas da vida. E hoxe veremos algúns».

«Dende a área de cultura da Deputación», dixo González, «somos moi conscientes de todo isto; de que a cultura é moito máis ca un concerto, unha exposición ou unha obra de teatro. Sabemos do seu efecto sanador, da súa esencialidade coma elemento transformador, de identidade e evolución, a todos os niveis, da nosa sociedade».  «Por iso», rematou, «dende esta administración pública seguiremos defendendo este lema de “A cultura é un dereito” e apoiando a cultura dende todos os ámbitos posibles».

Natividade González enxalza o efecto «curador» da cultura e a súa capacidade para transformar a sociedade a todos os niveis