Xosé Regueira: «A cooperación entre as administracións e o sector empresarial son os ingredientes do éxito do turismo no territorio»

Regueira, durante a súa intervención na gala, onte no Auditorio de Ribeira
Regueira, durante a súa intervención na gala, onte no Auditorio de Ribeira
O vicepresidente participou, onte no Auditorio de Riberira, na II Gala do Turismo da Mancomunidade Barbanza Arousa, onde insistiu na importancia da colaboración público-privada «para mellorar a calidade, a competitividade e a sustentabilidade dos destinos turísticos».
Xosé Regueira: «A cooperación entre as administracións e o sector empresarial son os ingredientes do éxito do turismo no territorio»

O auditorio de Ribeira acolleu onte á tarde a II Gala do Turismo da Mancomunidade Barbanza-Arousa, organizada por esa entidade co apoio da Deputación para recoñecer o labor do sector turístico da comarca. Representou a institución provincial, Xosé Regueira, que destacou «a importancia da colaboración público-privada para o éxito de proxectos coma este de Barbanza-Arousa, de mellora da calidade, competitividade e sustentabilidade turística».

«A cooperación entre as administracións e o sector empresarial, o respecto e a lealdade institucional son os ingredientes do éxito deste negocio», afirmou o vicepresidente. «E falo de negocio», engadiu, «porque falamos de actividades económicas, con nomes e apelidos, que xeran un impacto moi positivo na contorna; por iso hoxe sodes vós, as empresas, as protagonistas».

Regueira fixo referencia, ademais, á necesidade de «falar de futuro, pois estamos nun momento doce na provincia e temos que esforzarnos para mantelo». Tamén apelou á «responsabilidade para facer as cousas ben e para afrontar retos coma os da sustentabilidade, a preservación do planeta ou alongar a temporada e acadar rendibilidade».

"Non temos", dixo, «que perdernos nas macrocifas, e si buscar un perfil de turista que valore e coide todo o que esta terra ofrece». «Hai que apostar«, rematou, «por unha estratexia que nos faga máis competitivos e que xere oportunidades para a poboación local».

Antes da súa intervención, o vicpresidente entregou os premios da categoría 'Vivendas de uso turístico'.

Xosé Regueira: «A cooperación entre as administracións e o sector empresarial son os ingredientes do éxito do turismo no territorio»