Xosé Regueira defende as sinerxias entre a Deputación e a Reserva da Biosfera para a sostibilidade e a preservación do territorio

Regueira, durante a súa intervención na presentación da guía
Regueira, durante a súa intervención na presentación da guía
«Contamos cun país con infinitos recursos e oportunidades, pero temos que saber xestionalo ben e tomar consciencia do que temos para configurar o mellor menú turístico, e iso faino moi ben a Reserva», dixo o vicepresidente provincial na presentación da "Guía de Excelencia de Ecoturismo na Reserva", esta mañá en Abegondo.
Xosé Regueira defende as sinerxias entre a Deputación e a Reserva da Biosfera para a sostibilidade e a preservación do territorio

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo presentou esta mañá en Abegondo a 'Guía de Excelencia Ecoturismo na Reserva' nun acto que contou coa participación de Xosé Regueira. O vicepresidente provincial destacou as sinerxias entre a Deputación e a Reserva no modelo de turismo que defenden as dúas entidades, «que ten que ser sostible non só dende o punto de vista medioambiental, senón tamén dende o socioeconómico, dando beneficios e oportunidades de traballo e de benestar para a poboación local».

Regueira puxo o acento na estratexia que comparten Turismo da Deputación e a Reserva, «baseada na preservación do territorio»: «Contamos cun país con infinitos recursos e oportunidades, pero temos que saber xestionalo ben e tomar consciencia do que temos para configurar o mellor menú turístico».

«É unha grande oportunidade», engadiu, «colaborar coa Reserva, que, contando cun modelo relativamente novo dentro do escaparate turístico galego, foi capaz de conseguir retos moi importantes e desenvolver proxectos de grande interese para o país, reforzando a súa aposta pola gastronomía».

A Reserva é para Regueira «un destino con moitos recursos e produtos de gran calidade, pero tamén con persoas que traballades no territorio, que apostades por proxectos por e para a vosa contorna e que vos aliñades cos concellos para desenvolver un turismo responsable, e iso é futuro de todos e todas nós». «Cada vez máis xente mira para Galicia, pero temos que aplicar intelixencia turística: saber o que estamos dispostos a dar e tamén o que non estamos dispostos a perder. E ese é o gran valor da Reserva».

Xosé Regueira defende as sinerxias entre a Deputación e a Reserva da Biosfera para a sostibilidade e a preservación do territorio