Xosé Regueira presentará en Fitur 2025 a nova campaña de turismo da Deputación, centrada na gastronomía e no territorio

Xosé Regueira, nunha edición anterior de Fitur
Xosé Regueira, nunha edición anterior de Fitur
«Seguimos a apostar polo sector agroalimentario como a nosa mellor marca turística e, por suposto, promovendo o noso territorio e as nosas paisaxes co máximo respecto e orgullo», explicou o vicepresidente.
Xosé Regueira presentará en Fitur 2025 a nova campaña de turismo da Deputación, centrada na gastronomía e no territorio

«Fitur marcará un fito moi importante, pois alí lanzaremos a nova campaña de turismo da Deputación da Coruña, centrada na gastronomía e no territorio». Afirmouno Xosé Regueira antes viaxar a semana que vén a Madrid para participar na Feira Internacional de Turismo, a máis importante do Estado, que se vai celebrar no recinto de Ifema do 22 ao 26 de xaneiro. A presentación está programada para o mércores 22, ás 14 horas, nun acto no que tamén será protagonista a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, outro dos proxectos da administración provincial coruñesa que Regueira dará a coñecer en Fitur.

«A campaña, innovadora e inesperada, que non deixará indiferente a ninguén», adiantou o vicepresidente, «está perfectamente aliñada coa nosa estratexia de turismo sostible, que promove a preservación do medio e a mellora socioeconómica da contorna, poñendo o foco na gastronomía e nos produtos locais como impulsores deste turismo de calidade». «Seguimos a apostar», engadiu, «polo sector agroalimentario como a nosa mellor marca turística e, por suposto, promocionando o noso territorio e as nosas paisaxes co máximo respecto e orgullo».

Turismo da Deputación dará así un paso máis na súa estratexia pola «defensa e preservación; unha estratexia que quere xerar ao mesmo tempo un impacto positivo para a poboación local, xerando oportunidades de emprego e contribuíndo á fixación de poboación no medio rural», resumiu Regueira.

Xosé Regueira presentará en Fitur 2025 a nova campaña de turismo da Deputación, centrada na gastronomía e no territorio