Sol Agra clausurou no IES Rosalía Mera a campaña 'Mulleres do pasado, semente de futuro', de Igualdade da Deputación

Agra entrégalle un ramo de flores a unha das avoas participantes na campaña
Agra entrégalle un ramo de flores a unha das avoas participantes na campaña
«Quixemos xuntar mozas da xeración actual coas súas avoas para reflexionar en conxunto sobre a loita das mulleres do pasado, quen conseguiron importantes avances para nós con folgas, manifestacións e outras accións, coma batallas contra a policía e o exército, que nalgúns casos lles custaron a vida», explicou a deputada.
Sol Agra clausurou no IES Rosalía Mera a campaña 'Mulleres do pasado, semente de futuro', de Igualdade da Deputación

'Mulleres do pasado, semente de futuro', a campaña que puxo en marcha o departamento de Igualdade da Deputación polo do 8M, clausurose esta mañá no IES Rosalía Mera da Coruña, nun acto que presidiu Sol Agra. A deputada do BNG conversou co alumnado do centro sobre a situación actual da muller na sociedade e entregoulle un agasallo e un ramo de flores a María Jesús, unha das avoas que participaron no programa, a quen acompañou a súa neta Nerea.

Agra e as escolares falaron do divorcio, do aborto e mesmo dos cambios no xeito de vestir, «dereitos que nalgún momento a lei nos prohibía», lembrou. «Quixemos xuntar as mozas da xeración actual coas súas avoas para reflexionar en conxunto sobre a loita das mulleres do pasado, quen conseguiron importantes avances para nós con folgas, manifestacións e outras accións, coma batallas contra a policía e o exército, que nalgúns casos lles custaron a vida».

Unha das accións de 'Mulleres do pasado, semente de futuro' foi a gravación de entrevistas que o alumnado de diferentes centros de ensino da provincia mantiveron coas súas avoas, «co obxectivo de provocar unha reflexión conxunta entre ambas xeracións, sobre a evolución do papel da muller na sociedade», explicou Agra. «Con estes vídeos que hoxe proxectamos aquí lembramos como era a vida das nosas devanceiras e lembramos o que avanzamos grazas a elas, porque todo o que temos agora ata hai nada non era así de sinxelo nin moitas veces tan cómodo para nós».
 

Sol Agra clausurou no IES Rosalía Mera a campaña 'Mulleres do pasado, semente de futuro', de Igualdade da Deputación