Natividade González: «As Residencias Artísticas Mariñán propician sinerxías que facilitan os procesos de creación e contribúen á calidade dos resultados finais»

González, durante a reunión do xurado das Residencias Mariñán de música
González, durante a reunión do xurado das Residencias Mariñán de música
A deputada do BNG presidiu os xurados que veñen de seleccionar os oito proxectos participantes nas Residencias Artísticas Mariñán 2025, convocadas pola área de Cultura da Deputación da Coruña.
Natividade González: «As Residencias Artísticas Mariñán propician sinerxías que facilitan os procesos de creación e contribúen á calidade dos resultados finais»

Natividade González presidiu os xurados que veñen de seleccionar os oito proxectos participantes nas Residencias Artísticas Mariñán 2025, convocadas pola área de Cultura da Deputación da Coruña. Son os de Blanca Trigo (que presentou a proposta Mandrágora) e Sergio Marey (Camiños do desexo), na modalidade de literatura, e Paula Sanmartín (Coro priscilianista) e María Bella (O amor ao territorio), na modalidade de pensamento. Nas residencias de música traballarán Ailén Kendelman (Unha señora orquestra), Abril (Investigación e creatividades para disco), Nanu (Creación de percusión para EP) e Incra (Ronco: disección anatómica da gaita). 

«Como administración», explica González, «temos a obriga de apoiar este tipo de proxectos xa non únicos, senón tan necesarios, e darlles ás creadoras e ós creadores todas as facilidades e recursos para que leven a cabo un traballo que logo nos devolven con propostas de indiscutible calidade e das que tanto gozamos».

Segundo a deputada, «a estadía en Mariñán permítelles a todas e todos os participantes avanzar nos proxectos cunha perspectiva que é difícil adoptar fóra deste espazo en común, sen o acompañamento e a formación que lles proporcionamos para que, ademais, a súa obra chegue nas mellores condicións de recepción ao público e aos circuítos culturais».

Para González, «a experiencia é enriquecedora para músicos e músicas, autores e autoras, sempre nun ambiente de convivencia que propicia sinerxías que facilitan os procesos de creación e contribúe á calidade dos resultados finais».

Natividade González: «As Residencias Artísticas Mariñán propician sinerxías que facilitan os procesos de creación e contribúen á calidade dos resultados finais»