Sol Agra comprométese a normalizar desde a Deputación a vida das persoas que son discriminadas por razón da súa orientación sexual ou identidade de xénero

Agra, na súa intervención, hoxe, na inauguración do congreso A memoria diversa
Agra, na súa intervención, hoxe, na inauguración do congreso A memoria diversa
«Non debemos deixar que sigan medrando os discursos de odio da dereita; non podemos permitir que as redes sociais eduquen a rapazada no rexeitamento á non heteronormatividade», afirmou a deputada de Igualdade e Dereitos Civís na inauguración, esta tarde, do III Congreso A memoria é diversa, organizado polo seu departamento.
Sol Agra comprométese a normalizar desde a Deputación a vida das persoas que son discriminadas por razón da súa orientación sexual ou identidade de xénero

Hoxe comezou no espazo de intervención cultural A Normal, da Universidade da Coruña, o III Congreso A memoria diversa, arredor da memoria LGTBIQA+ en Galicia, organizado pola Área de Lingua, Política de Igualdade e de Xénero e de Dereitos Civís da Deputación da Coruña, dentro do seu programa ‘Liberdade de ser e de sentir’.

A debate en todos os relatorios, o tema do sexilio, que xa centrou as reflexións da mesa de presentación, ‘A memoria tamén é diversa’, na que participaron a deputada de Igualdade e Dereitos Civís, Sol Agra; a vicerreitora de Igualdade e Diversidade da Universidade da Coruña, Cristina López Villar, e o comisario do congreso, Marcos López.

Agra defendeu «a obriga da Deputación de se comprometer a apoiar e promover iniciativas para dar visibilidade, estudar e axudar a normalizar a vida das persoas que son discriminadas por razón da súa orientación sexual ou identidade de xénero».

«Os sexilios», afirmou a deputada, «seguen existindo hoxe en día». «O camiño que 'outres' fixeron», engadiu, «levounos a unha mellora impresionante nos dereitos das persoas do colectivo LGTBIQA+ nestes últimos anos, pero é moito máis fácil perdelos do que custou gañalos, por iso non debemos deixar que sigan medrando os discursos de odio da dereita; non podemos permitir que as redes sociais eduquen a rapazada no rexeitamento á non heteronormatividade. Ante algún comportamento dá vergonza ser unha cisheteronormativa; oxalá non tivésemos etiquetas, puidésemos simplemente ser e sentir, porque ese é o camiño: ser e deixar ser». 

«Non admito que ser libre para ser e sentir», rematou, «sexa algo que haxa que ‘tolerar’: é un dereito, é xustiza social, e loitaremos para conseguilo con alegría, con cores e libros, e música e cine e sorrisos, para que ninguén teña nunca que sexiliarse».

Sol Agra comprométese a normalizar desde a Deputación a vida das persoas que son discriminadas por razón da súa orientación sexual ou identidade de xénero