Regueira pide unha nova lei de turismo e anuncia que a Deputación reforzará a liña de axudas ao sector MICE
«Precisamos unha regulación capaz de dar solución ás actividades turísticas actuais». Afirmouno onte Xosé Regueira na Noite de Embaixadores, unha gala organizada por A Coruña Convention Bureau, co apoio da Deputación, que se celebrou en EXPOCoruña e onde o vicepresidente provincial lle entregou á doutora Marisa Crespo o Premio Embaixadora A Coruña MICE Evento Internacional.
«Desde a promulgación da Lei de Turismo de Galicia ata hoxe», insistiu Regueira, «pasamos de ser un destino 'adolescente', turísticamente falando, a converternos nun destino maduro elixido por millóns de persoas, cunha presión sobre o sector que non está recollida na Lei e que dá lugar a baleiros que ocasionan friccións entre turistas e residentes, así que esa nova lei é necesaria».
O vicepresidente subliñou a importancia de avaliar os datos turísticos de maneira integral, no só centrados na temporada alta, «e máis tendo en conta que o sector, tan importante para a nosa economía, representa arredor dun 14 por cento do Produto Interior Bruto». Así, destacou que os datos dos primeiros cinco meses de 2024 «son excelentes e reflicten unha mellora significativa na desestacionalización do turismo, o que posiciona á Coruña como un destino competitivo fóra do período estival».
Ademais, recoñeceu o papel clave do sector de congresos e eventos neste crecemento: «O sector dos eventos e dos congresos durante todo o 2024 estivo programando grandes citas profesionais, e iso repercute para ben na oferta da hostalería e aloxamento». «Por iso», engadiu, «aproveito esta velada para anunciar que a Deputación reforzará a súa aposta por fortalecer a liña de axudas ao sector MICE, e en concreto a Convention Bureau Coruña».
«Debemos celebrar ás cifras económicas», dixo Regueira, «pero tamén prestarlle atención aos datos que nos alertar das cuestións que temos que traballar para seguir mellorando». Neses sentido falou de medidas para facer solucionar a falta de mano de obra cualificada na hostalería, xestionar con máis eficacia a percepción do turismo sociedade, mellorar a conectividade con mercados clave para atraer a un perfil de turista con maior capacidade adquisitiva, e acabar con fenómenos turísticos que crean problemas sociais, caso das vivendas de uso turístico ou o autocaravanismo incontrolado.
«Estou seguro», rematou, «que o 2025 seguirá sendo un ano de grande actividade de eventos e congresos nesta cidade e que, ademais, cos éxitos deportivos do Básquet Coruña na ACB e cun Deportivo xa encamiñado de volta á elite do fútbol mundial, os éxitos positivos para o sector na Coruña están garantidos».