Regueira reitera a aposta do seu departamento por un turismo sostible, de calidade e comprometido co territorio
Xosé Regueira participou hoxe en Razo na inauguración do complexo turÃstico Espazo Nature, nun acto no que reiterou a aposta do BNG desde a Deputación por un turismo sostible, de calidade e comprometido co territorio.
«Proxectos como Espazo Nature», afirmou o vicepresidente, «non son unha sorte só para Carballo: son tamén unha sorte para a provincia da Coruña e para Galiza». «Falamos», engadiu «de buscar un turista comprometido co territorio, que quere sostibilidade na oferta; un turista de perfil medio alto, comprometido tamén co destino que vai visitar, e son espazos coma este os que van conseguindo que ese turismo chegue, porque se non temos eses recursos, dificilmente podemos dicirlle a ese turismo que veña aquû.
Regueira aproveitou a súa intervención para anunciar que en Razo se vai celebrar o Cabreiroá Junior Pro Razo-Caión —unha das probas do circuÃto profesional World Junior Tour da World Surf League, o campionato mundial da disciplina—. A cita, que se presentará mañá en Compostela, conta co apoio da Deputación, «dentro desa intensa colaboración que na institución provincial mantemos con este deporte, que sempre trae grandes acontecementos á provincia».
Regueira tamén adiantou que moi preto de Razo se instalará un observatorio 'starlight', outro dos proxectos cos que se implica Turismo da Deputación, «nesa liña do noso departamento de apostar por revulsivos para unha clase de turismo moi especÃfico que eu creo que vai axudar á desestacionalización».