Sol Agra denuncia a falta de recursos para facer fronte nas aulas ós discursos contra a memoria histórica
«A Deputación non ten capacidade lexislativa, pero na nosa área de goberno consideramos un deber a promoción de actividades que axuden a mellorar a sociedade e que reforcen os valores de convivencia, liberdade e igualdade», dixo a deputada do BNG na presentación de 'Fai memoria', a xornada que se celebra hoxe no centro sociocultural Maruxa e Coralia compostelán, organizada polo departamento provincial de Dereitos Civís.
Sol Agra pon en valor o traballo do seu departamento a prol da igualdade e os dereitos LGBT na homenaxe da Deputación á activista trans coruñesa Trinidad Falcés
Sol Agra: «A violencia machista é o problema máis importante que afecta a vida das mulleres na nosa sociedade»
A deputada de Igualdade presidiu o acto celebrado na sede provincial polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, no que Avia Veira e Natividade González participaron na lectura da declaración institucional da Deputación, acordada por todos os grupos políticos da corporación.
Sol Agra advirte da necesidade de evitar que a rapazada se forme en educación sexual a través da pornografía e as redes sociais
Sol Agra comprométese a normalizar desde a Deputación a vida das persoas que son discriminadas por razón da súa orientación sexual ou identidade de xénero
Sol Agra: «A contratación pública ten o deber de incorporar a perspectiva de xénero»
Sol Agra clausurou no IES Rosalía Mera a campaña 'Mulleres do pasado, semente de futuro', de Igualdade da Deputación
Sol Agra reivindica os «dereitos legais que non son reais para as mulleres» no acto da Deputación polo 8M
Sol Agra presentou a campaña da área de Igualdade da Deputación polo 8M 'Mulleres do pasado, semente de futuro'
Sol Agra: «A igualdade como valor precisa que compartamos un proxecto común, construído coa axuda do persoal técnico e axentes dos servizos municipais»
Sol Agra: «Co Festival Muller a Escena 2024 queremos contribuír a poñer en valor o traballo das mulleres creadoras, que son moitas no noso país»
Agra presentou unha publicación que recompila as biografías de corenta mulleres destacadas da cultura galega
Sol Agra entregou esta mañana no MUNCYT os Premios Igualdade de Xénero da Deputación
María Muíño asinou hoxe o convenio entre a Deputación e o CCG para a edición de 40 biografías de mulleres do 'Álbum de Galicia'
María Muíño, no comezo da campaña de Igualdade da Deputación polo 8M: «Non podemos admitir que se sigan condenando as mulleres a traballos precarizados»
«As mulleres estamos moi fartas de que todo o que teña que ver cos nosos dereitos sexa cuestionado, obxecto dun exame constante de opinións, descualificacións e argumentación tendenciosas». Así comezou a intervención de María Muíño no acto institucional que tivo lugar esta mañá na sede da Deputación da Coruña co gaio da celebración do 8M, no que participaron tamén o vicepresidente, Xosé Regueira, e representantes de todos os grupos políticos da corporación, e ao que puxo música o dúo Fillas de Casandra.
María Muíño: "No traballo de construír unha sociedade xusta e igualitaria non sobra ninguén"
"É nos espazos dixitais onde se está dando un incremento moi importante de ataques, que afecta a amplas capas da sociedade, mais dun xeito maioritario a mulleres adolescentes", afirmou Muíño na súa intervención, este mañá, ante o alumnado do IES Puga Ramón coruñés. "Non podemos deixar que sexa unha violencia invisíbel, senón que temos que analizala, investigala, combatela e destinar recursos na prevención do 'ciberbulling', do 'sexting', do 'grooming', da 'sextorsión' ou da pornografía non consentida". Ao acto tamén asistiu o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira,
María Muíño: "Queremos dotar os mozas e mozas de ferramentas para que sexan quen de recoñecer e visibilizar a violencia machista e a desigualdade"
“Os datos obxectivos indican que a violencia machista pervive de xeito estrutural na nosa sociedade”, salientou Muíño no día que a Deputación volve activar a campaña "DE FRONTE á violencia de xénero" incidindo na sensibilización do público más novo e nos efectos da tecnoloxía como elemento facilitador das desigualdades de xénero e de prácticas de violencia machista.
María Muíño pon en valor a liña de traballo da Deputación para dotar os concellos de persoal especializado en igualdade de xénero
A deputada reuniuse está mañá coas dezaseis axentes de igualdade que xa están incorporadas aos municipios da provincia para poñer en marcha políticas de paridade de oportunidades entre mulleres e homes e iniciativas contra a violencia machista. "A vosa presenza no territorio é fundamental para camiñar cara unha rede de concellos en igualdade, que segue a ser un obxectivo que nos marcamos no medio prazo", asegurou.
María Muíño adiantoulle ás entidades provinciais do sector da igualdade as liñas de traballo da Deputación para 2023
Na xuntaza que mantivo esta mañá na sede provincial, a deputada anticipoulle tamén aos representantes das asociacións que o seu departamento manterá para o 25N a mesma imaxe e lema, 'De fronte', que en edicións anteriores. "Volveremos programar", explicou, "actividades tanto presenciais como en liña, para contribuír así a poñerlle freo á violencia machista e xerar un amplo movemento social capaz de crear conciencia fronte ao feminicidio".