María Muíño pon en valor a liña de traballo da Deputación para dotar os concellos de persoal especializado en igualdade de xénero

Muíño, na xuntanza celebrada esta mañá no IES Rosalía Mera
Muíño, na xuntanza celebrada esta mañá no IES Rosalía Mera

A deputada reuniuse está mañá coas dezaseis axentes de igualdade que xa están incorporadas aos municipios da provincia para poñer en marcha políticas de paridade de oportunidades entre mulleres e homes e iniciativas contra a violencia machista. "A vosa presenza no territorio é fundamental para camiñar cara unha rede de concellos en igualdade, que segue a ser un obxectivo que nos marcamos no medio prazo", asegurou.

María Muíño pon en valor a liña de traballo da Deputación para dotar os concellos de persoal especializado en igualdade de xénero

María Muíño vén de manter esta mañá no IES Rosalía Mera da Coruña unha xuntanza de traballo coas 16 profesionais que xa están incorporadas aos municipios da provincia como axentes de igualdade, ao abeiro da convocatoria para a contratación de persoal técnico do departamento do que é responsable. Desenvolverán accións e programas de paridade de oportunidades entre mulleres e homes e iniciativas contra a violencia machista nos concellos de Cabanas, Rois, A Pobra do Caramiñal, Coirós, Boimorto, Brión, Moeche, Boiro, A Laracha, Betanzos, Mañón, Vimianzo, San Sadurniño, Arzúa e Rianxo.

Muíño fixo énfase na "meta complicada" que se marcou a Deputación cando puxo en marcha esta liña de traballo "co obxecto de ir implementando en todo o territorio políticas e programas de igualdade levadas a cabo con rigor e profesionalidade, para o que é preciso persoal especializado". "A vosa presenza no territorio é fundamental de cara a camiñar cara unha rede de concellos en igualdade, que segue ser un obxectivo a medio prazo", asegurou a deputada.

Esta primeira xornada de coordinación, na que tamén participou o equipo técnico do Servizo de Igualdade da Deputación, serviu para afondar nas liñas de acción que se establecen desde o ente provincial e para poñer en común a situación de partida e coordinarse no traballo que se vai desenvolver ao longo dos vindeiros meses. Ao igual que en edicións anteriores, as profesionais enfocaron a xornada en torno a tres cuestións fundamentais: as políticas de transversalidade de xénero no ámbito local; a mellora da coordinación inter-institucional ante a prevención e intervención en materia de violencia de xénero; e os retos de futuro das políticas de igualdade de xénero municipais.

María Muíño pon en valor a liña de traballo da Deputación para dotar os concellos de persoal especializado en igualdade de xénero