Sol Agra entregou esta mañana no MUNCYT os Premios Igualdade de Xénero da Deputación
Sol Agra fixo entrega esta mañá no MUNCYT Coruña dos Premios Igualdade de Xénero da Deputación, que este ano repartiron 117.200 euros. Os galardóns –que forman parte do Plan de acción do departamento que dirixe a deputada do BNG, no que se planifican as políticas públicas para os concellos da provincia– supoñen "un apoio á cidadanía que se implica para conseguir unha sociedade xusta, libre, igualitaria e democrática", en palabras Agra.
"Somos conscientes", engadiu, "de que queda moito por facer para acadar a igualdade real, para que deixen de existir conductas machistas e violencias contra as mulleres en tódolos ámbitos sociais. Por iso cremos que o mellor xeito de investir os nosos fondos é transferíndollos as entidades e persoas que se implican nese traballo tan necesario".
As persoas e centros premiados recolleron os seus galardóns da man de Agra nun acto que puxo en valor o traballo individual e colectivo da sociedade civil na loita contra a violencia machista e que contou, ademais, coa actuación de Aldao Lao. A deputada agradeceu a labor de tódolos premiados e premiadas e fixo un chamamento para a participación nas vindeiras edicions destes certames.