A DEPUTADA PROVINCIAL PRESENTOU HOXE A PROGRACIÓN DO SEU DEPARTAMENTO ARREDOR DO 25N

María Muíño: "Queremos dotar os mozas e mozas de ferramentas para que sexan quen de recoñecer e visibilizar a violencia machista e a desigualdade"

Muíño, logo da presentación da campaña arredor do 25N
Muíño, logo da presentación da campaña arredor do 25N

“Os datos obxectivos indican que a violencia machista pervive de xeito estrutural na nosa sociedade”, salientou Muíño no día que a Deputación volve activar a campaña "DE FRONTE á violencia de xénero" incidindo na sensibilización do público más novo e nos efectos da tecnoloxía como elemento facilitador das desigualdades de xénero e de prácticas de violencia machista.

María Muíño: "Queremos dotar os mozas e mozas de ferramentas para que sexan quen de recoñecer e visibilizar a violencia machista e a desigualdade"

A área de Igualdade da Deputación da Coruña, que xestiona a deputada María Muíño, volve activar a campaña "DE FRONTE á violencia de xénero" co obxecto de incidir na sensibilización e fomentar a reflexión entre a poboación moza, pero sobre todo tendo en conta a tecnoloxía como elemento facilitador das desigualdades de xénero e de prácticas de violencia machista.

"Os datos obxectivos indican que a violencia machista pervive de xeito estrutural na nosa sociedade", explicou Muíño durante a presentación da campaña. "Un de cada 5 rapaces de entre 16 e 25 anos", engadiu, "considera que a violencia machista non existe e asimílana como un invento ideolóxico creao polo movemento feminista, e só 4 de cada 10 considera que as desigualdades de xénero son elevadas e causan dano ás mulleres".

Ante o escenario que presentan estes datos estatísticos, a deputada asegurou que "a Deputación quere contribuír a crear contextos de sensibilización e educación dos máis mozos e máis mozas, e dotalos de ferramentas para que sexan quen de recoñecer e visibilizar a violencia machista e a desigualdade". Tamén insisitu no obxectivo de "poñerse de fronte ás situacións de violencia e non ser cómplices, para seren quen de darlle a volta e promover unha sociedade do futuro na que non exista lugar para a violencia machista, nin para discursos e actitudes que alimenten a súa pervivencia".

María Muíño: "Queremos dotar os mozas e mozas de ferramentas para que sexan quen de recoñecer e visibilizar a violencia machista e a desigualdade"