Novas
Regueira presenta a demostración culinaria de Lucía Freitas, hoxe no Galicia Fórum Gastronómico

Regueira reafirma no peche do Galicia Fórum «o compromiso da Deputación coa preservación da autenticidade gastroturística da provincia»

O vicepresidente provincial cualificou de «moi positivo» o paso de Turismo da Deputación pola feira, «unha cita que xa é de referencia internacional e que nos permite promover a nosa gastronomía e o noso turismo e tamén poñer en valor o traballo dos nosos produtores e produtoras locais ante un público moi diverso, tanto profesional como xeral».
Ler novas
Vieira conversa con Parga e con Rivas, hoxe no Circo de artesáns da Coruña

Avia Veira destaca «a importancia revolucionaria do común nun tempo de emerxencia no mundo» na entrega a Manuel Rivas do premio Coruñés do ano, do Circo de Artesáns

A portavoz do grupo provincial do BNG puxo en valor o traballo do Circo durante os seus 178 anos de vida: «Falamos dunha entidade senlleira na cultura da cidade, da provincia e do país; a sociedade viva máis antiga de Galiza e un fervedoiro cultural polo que pasaron personalidades como Manuel Murguía, Concepción Arenal, Ortega y Gasset, Miguel de Unamuno, Castelao, Vicente Risco, Emilia Pardo Bazán, Otero Pedrayo, Sofía Casanova e tantas outras».
Ler novas
Agra, durante a súa intervención no encontro, hoxe no Círculo de artesáns coruñés

Sol Agra: «A Deputación da Coruña é esa administración aliada que promove iniciativas os 365 días do ano para fomentar a igualdade real en todos os estamentos da sociedade»

A deputada de Igualdade inaugurou esta mañá na Coruña as xornadas 'Retos e resistencias das mulleres migrantes', unha iniciativa do seu departamento co gaio do 8M, coordinada pola entidade Yarama África, para alertar das múltiples barreiras que enfrontan no seu proceso de integración social, laboral e cultural e no exercicio pleno dos seus dereitos. Ao acto de apertura asistiron os seus compañeiros no grupo provincial do BNG.
Ler novas
Natividade González, na presentación do Resis 2025, hoxe na Coruña

Natividade González: «Na área de Cultura da Deputación o BNG segue a apostar por políticas públicas a prol da recuperación do sentido de identidade, de comunidade e de pertenza»

O departamento que xestiona a titular provincial de Cultura vén de convocar a primeira edición do Fondo de proxectos singulares en lingua galega de especial interese cultural e orientados á mellora social. Un certame que repartirá 300 000 euros entre vinte iniciativas de acción social relacionadas coa igualdade, os dereitos civís, o respecto á diversidade, o respecto medioambiental, o medre da estima colectiva e cohesión social, a integración social, a memoria democrática ou a sensibilización patrimonial e identidade local.
Ler novas
Penas, Seixas, Regueira, Suárez, Pose, García e González, na xuntanza de hoxe en Carballo

Xuntanza de traballo do grupo provincial do BNG e o consello comarcal de Bergantiños

A reunión serviu para que os deputados e deputadas provinciais trasladasen as principais liñas de traballo na Deputación, así coma todas as liñas de subvencións ás que poden optar os concellos das áreas gobernadas polo BNG: Turismo e Promoción Económica; Plans Provinciais e Asistencia a Municipios; Cultura; Patrimonio e Contratación e Igualdade,  Lingua e Dereitos Civís.
Ler novas
Agra, durante a súa intervención na inaguración hoxe da xornada

Sol Agra denuncia a falta de recursos para facer fronte nas aulas ós discursos contra a memoria histórica

«A Deputación non ten capacidade lexislativa, pero na nosa área de goberno consideramos un deber a promoción de actividades que axuden a mellorar a sociedade e que reforcen os valores de convivencia, liberdade e igualdade», dixo a deputada do BNG na presentación de 'Fai memoria', a xornada que se celebra hoxe no centro sociocultural Maruxa e Coralia compostelán, organizada polo departamento provincial de Dereitos Civís.

Ler novas
A responsable provincial de Cultura, Natividade González

Natividade González: «A profesionalización dos servizos de cultura dos concellos é imprescindible para achegar unha oferta de calidade a toda cidadanía»

A Deputación subvencionará este ano con 740 000 euros os gastos de persoal técnico de animación cultural e do encargado da xestión cultural nas entidades municipais en 2025, unhas axudas que se repartirán entre 61 beneficiarios e que, segundo González, «contribuirá ao mantemento e á mellora no recoñecemento do perfil profesional nos postos de traballo, sempre desde o necesario respecto á autonomía municipal».

Ler novas
Maseda, Bugallo, Marey, Agra e Ferreiro, na inauguración da Mostra

Sol Agra pon en valor o traballo do seu departamento a prol da igualdade e os dereitos LGBT na homenaxe da Deputación á activista trans coruñesa Trinidad Falcés

«Teño a honra de dirixir a mellor área política da Deputación: Igualdade, Lingua e Dereitos Civís; tres espazos que ocupan tamén, as máis das veces, as marxes, porque desde a ‘corrección’ política nos queren invisibilizar para sacarnos só nas datas sinaladas, deixándonos existir máis se se nos nota menos, como á xente do colectivo LGBT», salientou a deputada na inauguración da exposición 'Relembrado a Trini', esta tarde na Biblioteca Municipal Durán Loriga, da Coruña.
Ler novas
Regueira, na inauguración hoxe do Cimix Narón

Regueira defende a «lealdade institucional» da Deputación para apoiar proxectos coma o Cimix Narón, «de interese para toda a provincia»

«Este patrimonio industrial vaille dar valor ao Camiño Inglés e contribuír a unha oferta turística máis diversificada no concello, en Ferrolterra e en toda a provincia, por iso non podemos máis que que festexar este momento», dixo o vicepresidente na presentación hoxe do Centro de Interpretación que explicará a historia dun conxunto etnográfico que data do século XVIII.
Ler novas