Novas
Agra e Regueira, na visita hoxe ao Estaleiro de Ciprián

Xosé Regueira salienta en Outes o potencial turístico do territorio

O vicepresidente, que visitou o Estaleiro de Ciprián na compaña de Sol Agra, puxo en valor «as oportunidades que ofrecen instalacións coma este museo, situados en espazos naturais, para dirixirse a un perfil de turista que valora a calidade e que deixa un impacto socioeconómico e medioambiental positivo na contorna».
Ler novas
Regueira fala do Cabo Ortegal como territorio xeolóxico, hoxe en Fitur

Regueira: «Que Cabo Ortegal sexa Xeoparque Mundial da Unesco suporá un gran pulo turístico para a comarca e abrirá novas e importantes oportunidades de emprendemento»

«Os xeoparques axúdannos a atopar espazos de diferenciación, nos que se valora a calidade, e que atraen ese perfil de turista que buscamos», salientou o vicepresidente da Deputación da Coruña na última xornada de Fitur, onde defendeu a diversidade e sostibilidade dos produtos turísticos da provincia.


 

Ler novas
González e Galilea, na sinatura do convenio

Natividade González asinou o convenio entre a Deputación e a Fundación CIEC polo centenario da Casa Núñez

«A Casa Núñez é historia, patrimonio e cultura, de Betanzos e de todo o país, e unha excepcional mostra do gran traballo do artista, que serve tamén de escaparate para as obras de creadores emerxentes e tamén de outros xa consagrados», salientou a deputada do BNG e responsable provincial de Cultura.
Ler novas
Sol Agra, na presentación, hoxe, do FME 2024

Sol Agra: «Co Festival Muller a Escena 2024 queremos contribuír a poñer en valor o traballo das mulleres creadoras, que son moitas no noso país»

A deputada de Igualdade presentou esta mañá na sede provincial o festival organizado polo seu departamento, que se desenvolverá en Carral, en xaneiro, e en Cambre, en febreiro. «Apostamos», explicou, «por unha programación protagonizada por artistas emerxentes e outras xa consagradas para combinar diversas miradas sobre a invisibilización das mulleres en espazos artísticos».
Ler novas
García, Riveiro, Regueira e Muíño, na visita do vicepresidente as Torres do Allo

Xosé Regueira: «En Turismo da Deputación traballamos na mellora das Torres do Allo para que todos os veciños e veciñas poidan gozar desta xoia do patrimonio provincial»

«As Torres do Allo constitúen un dos conxuntos arquitectónicos, etnográficos e paisaxísticos máis emblemáticos non só da comarca, senón de toda a provincia e mesmo do país, e por iso debemos protexelas», sinalou Regueira na súa visita ás Torres, que aproveitou para entrevistarse coa presidenta da Asociación Amigos do Liño, Carmen Riveiro.
Ler novas
Penas e Parga asinan o convenio na sede provincial

Penas: «Co novo acordo da xestión do Ecomuseo do Forno do Forte potenciamos o coñecemento da idiosincrasia de Buño, que non se entende sen a súa olaría»

«Queremos continuar apoiando a revitalización deste espazo e reconstruíndo a vida cotiá das xentes labregas e oleiras que fixeron de Buño un centro emblemático da produción artesá de Galicia, da provincia e da comarca», sinalou o deputado do BNG trala sinatura do convenio entre a Deputación e o Concello de Malpica.
Ler novas
González e Castro, trala sinatura do convenio, hoxe na sede provincial

Natividade González: «Coa ampliación do convenio entre a Deputación e o Concello da Coruña para a xestión do Teatro Colón seguimos garantindo o acceso á cultura de toda a cidadanía»

«Ademais», explicou a deputada do grupo provincial do BNG, «como xa viña facendo, o noso departamento poderá utilizar a instalación, en determinados días, para a realización de actividades propias; ou mesmo cederlle o espazo ós concellos da provincia e ás entidades sen ánimo de lucro».
Ler novas
A deputada de Cultura, Natividade González

Natividade González: «Os ciclos que o BNG programa na área de Cultura da Deputación, como o 4x3 Outono, son xa unha referencia na provincia»

A propósito do 4x3 Outono 2023 —que remata hoxe nas Pontes cunha última función da peza escénica Alma de tigre, da compañía Elefante Elegante—, González puxo en valor a acción cultural do grupo do BNG na Deputación, «que vai máis alá de desenvolver só liñas de axudas para favorecer os proxectos e iniciativas dos concellos e das entidades sen fins de lucro».
Ler novas
Farcía Rey e Agra Tuñas, na presetanción do POS+ en Ribeira, esta mañá

Cristina García presentou en Ribeira o POS+ 2024 para o Barbanza, Muros e Noia, en cuxa fase inicial a Deputación investirá 6,3 millóns

«Con esta ferramenta, no grupo provincial do BNG seguimos a traballar para que os concellos sexan máis eficientes na xestión do gasto e poidan tomar as decisións axeitadas de acordo coas súas necesidades, e para que os veciños e veciñas gañen en benestar»», explicou a deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, a quen acompañou a súa compañeira e titular de Igualdade, Sol Agra.

Ler novas