A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN FINANCIARÁ CON 30 000 EUROS O PROXECTO I+P INCUBA DO CLUSTER

Natividade González: «No grupo provincial do BNG apostamos polo audiovisual galego como elemento clave na promoción da nosa cultura e da nosa historia»

Natividade González e Alfonso Branco, logo da sinatura hoxe do acordo
Natividade González e Alfonso Branco, logo da sinatura hoxe do acordo

«O audiovisual galego vive un momento de grande esplendor. Hai talento, creatividade e emprendemento, e para nós é unha prioridade o acompañamento e apoio a este sector tan relevante para o país», sinalou González logo da firma do convenio co CLAG, esta mañá na sede provincial.

Natividade González: «No grupo provincial do BNG apostamos polo audiovisual galego como elemento clave na promoción da nosa cultura e da nosa historia»

A Deputación da Coruña finaciará con 30 000 euros o proxecto I+P Incuba do Cluster Audiovisual Galego. Así o acordaron esta mañá na firma do convenio a titular do departamento de Cultura provincial, Natividade González, e o presidente da entidade referencia no sector, Alfonso Blanco. 

«Na área de Cultura da Deputación, o BNG aposta polo audiovisual galego como elemento clave na promoción das nosa cultura e da nosa historia, e tamén como xerador de emprego e riqueza», sinalou González. «O noso audiovisual vive, ademais, un momento de grande esplendor, con proxectos e profesionais de altísimo nivel. Hai talento, creatividade e emprendemento, e para esta institución é unha prioridade o acompañamento e apoio a este sector tan relevante para o país».

Unha desas iniciativas é I+P INCUBA, un programa de incubación e plataforma de pitching onde participan profesionais e empresas que superen previamente un proceso de selección, e que ten como obxectivo a incubación e mellora significativa de seis proxectos audiovisuais na fase de desenvolvemento a través de titorías, webinarios e consultoría.

Natividade González: «No grupo provincial do BNG apostamos polo audiovisual galego como elemento clave na promoción da nosa cultura e da nosa historia»