Regueira e García avaliaron no Porto do Cabo o proxecto para a recuperación do antigo carreiro do Plantío

Regueira e García, na xuntaza coa Asociación de Veciños de Porto do Cabo e co alcalde de Valdoviño
Regueira e García, na xuntaza coa Asociación de Veciños de Porto do Cabo e co alcalde de Valdoviño
«Este proxecto», salientou Regueira, «encaixa nos obxectivos estratéxicos do territorio do Xeoparque de Cabo Ortegal en canto á promoción dos recursos con singularidade propia dun territorio con gran riqueza non so medioambiental, senon tamén histórica, patrimonial e cultural».
Regueira e García avaliaron no Porto do Cabo o proxecto para a recuperación do antigo carreiro do Plantío

O vicepresidente da Deputación e titular de Turismo, Xosé Regueira, e a deputada de Plans Provinciais, Cristina García, visitaron O Porto do Cabo para avaliar o plan de recuperación do antigo carreiro do Plantío. Regueira e García reuníronse coa asociación de veciños e veciñas da aldea, situada entre Cedeira, Cerdido e Valdoviño, e co alcalde dese último Concello, Alberto González.

Todas as partes coincidiron na necesidade de poñer en valor este vieiro histórico, que forma parte do camiño de Santo André. O proxecto, que une as pontes do Porto do Cabo e do Puntal, «encaixa nos obxectivos estratéxicos do territorio do Xeoparque de Cabo Ortegal en canto á promoción dos recursos con singularidade propia dun territorio con gran riqueza non so medioambiental, senon tamén histórica, patrimonial e cultural», salientou Regueira. «Contribuirá, seguro, a rescatar tradicións que definen esa identidade tan sinalada e converterase nun atractivo máis no camiño de Santo André».

Os deputados provinciais do BNG atenderon as propostas da entidade veciñal e concordaron «na importancia de recuperar espazos da veciñanza en estado de deterioración para dotalos de valor, como é o caso do antigo hospital de peregrinos, e para complementar o plan do carreiro do Plantío e convertelo nun proxecto máis ambicioso de recuperación do patrimonio e a cultura da zona», sinalou García.

Regueira e García avaliaron no Porto do Cabo o proxecto para a recuperación do antigo carreiro do Plantío