Novas
Agra e Regueira, na entrada do Museo du Xura

Regueira e Agra trataron na localidade suíza de Delémont a posible chegada á Coruña da exposición sobre a emigración galega 'Taxi-Compostela'

«As mulleres desempeñaron un papel protagonista e fundamental, foron quen de construir unha nación, unha 'matria', e de facer país fora del», apuntou Agra. Sobre a mostra, Regueira dixo que amosa «tan ben unha realidade de moitos galegos e galegas e é unha homenaxe a todas esas persoas que tiveron que deixar Galiza para formar un segundo país a partir da nosa idantidade aquí, nesta terra tan marabillosa».
Ler novas
Regueira, González e Ferrero, na inauguración do Interplay 2024

Xosé Regueira: «O Carballo Interplay é un espazo para a reflexión e para a liberdade que se fai desde o respecto á diversidade»

O vicepresidente provincial e a deputada de Cultura, Natividade González, participaron esta mañá na presentación do festival, que se vai celebrar ata o domingo na capital bergantiñá convertido en referencia para as creadoras e creadores de contidos dixitais de todo o Estado, en boa parte grazas a implicación de Regueira, quen apostou polo proxecto desde o seu nacemento hai once anos.
Ler novas
Agra, durante o seu relatorio no II Congreso de Contratación Pública

Sol Agra: «A contratación pública ten o deber de incorporar a perspectiva de xénero»

«Imos seguir desenvolvendo políticas públicas propias e tamén apoiando os concellos: con subvencións para a contratación de axentes de igualdade en municipios de menos de 20.000 habitantes; cunha oferta eficaz de actividades de sensibilización, de formación e de asesoramento; con axudas a entidades da provincia para o mantemento de programas pola paridade real e contra a violencia machista; e, por suposto, poñendo en marcha o regulamento de transversalización, na integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas», dixo a deputada de Igualdade no relatorio que abriu, esta mañá no Teatro Colón Coruñés, a segunda xornada do 'II Congreso de Contratación Pública: por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible'.
Ler novas
Natividade González, na súa intervención na gala

Natividade González: «O modelo cultural que queremos na Deputación centra as políticas públicas nos piares fundamentais da lingua galega, a transformación social e o territorio»

«Para nós é unha responsabilidade e un deber ofrecervos, como administración pública que somos, os recursos pertinentes para axudarvos no voso traballo, que devolvedes á sociedade en forma de pezas como as que premiamos hoxe aquí», afirmou a deputada do BNG na gala de entrega, onte no Teatro Colón da Coruña, dos premios culturais convocados pola Deputación en 2023.
Ler novas
Regueira entrega o premio ao gañador da mellor tapa creativa

Regueira defende na entrega dos premios do Santiago(é)Tapas a aposta de Turismo da Deputación pola cadea de valor da enogastronomía da provincia

«É sempre un gusto, e nunca mellor dito, que se empreguen os nosos programas de apoio á mellora da calidade e da competitividade; por unha banda no avance e promoción da boa restauración, e por outra, en ofrecerlles a visitantes e residentes a posibilidade de coñecer e recoñecer o excelente produto co que contamos», sinalou o vicepresidente na súa intervención.
Ler novas
Agra, durante a súa intervención polo 8, esta mañá na sede provincial

Sol Agra presentou a campaña da área de Igualdade da Deputación polo 8M 'Mulleres do pasado, semente de futuro'

«Queremos visibilizar as dificultades e os logros das nosas antecesoras, nunha campaña que se enmarca na prioridade deste departamento, que é a de contribuír a acadar a igualdade real en todos os espazos da vida», salientou a deputada do BNG, que tamén puxo en valor o orzamento de 21 000 euros que a Deputación destinará este ano ao programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento en políticas de xénero.
Ler novas
Visita de Regueira a unha das casetas de Biocultura, esta mañá en Expocoruña

Xosé Regueira: «Biocultura é unha feira fundamental para nós porque trata sobre a sostibilidade, sobre a ecoloxía e sobre o futuro do turismo»

«Desde a primeira edición, en Turismo da Deputación fixemos o posible para que Biocultura se celebrase na Coruña, porque é una feira comprometida, dalgún xeito, co territorio. E, neste sentido, a estratexia da mostra e a estratexia da Deputación coinciden», sinalou o vicepresidente provincial na inauguración de Biocultura, esta mañá en Expocoruña.
Ler novas