O Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 'Os fogóns do Anllóns' segue a avanzar, logo da xuntanza que Regueira mantivo cos cinco concellos que participan no proxecto

Reunión de Regueira cos representantes nos concellos que participan n'Os Fogóns do Anllóns'
Reunión de Regueira cos representantes nos concellos que participan n'Os Fogóns do Anllóns'
O vicepresidente anunciou o inicio do procedemento de contratación da  secretaria técnica e o investimento do 30 % inicial de fondos do proxecto, unha importante aposta do se departamento.
O Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 'Os fogóns do Anllóns' segue a avanzar, logo da xuntanza que Regueira mantivo cos cinco concellos que participan no proxecto

O Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 'Os fogóns do Anllóns' segue a avanzar, logo da xuntanza que Xosé Regueira mantivo cos cinco concellos que participan no proxecto: Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laracha, Carballo e Coristanco. O vicepresidente anunciou o inicio do procedemento de contratación da  secretaria técnica e o investimento do 30 % inicial de fondos.

Na reunión de traballo tamén se tratou a sonorización do río e a liña de subvencións para a mellora da imaxe dos establecementos de hostalería, e informouse da localización dos miradoiros e das áreas de aparcamento.

Regueira pediu a cooperación de todos os axentes implicados, unha importante aposta do seu departamento: «Porque é un proxecto que está concibido para ofrecer  un produto turístico de calidade, baseado na gastronomía local e  sostible, e para cumprir cos catro eixos transversais que os fondos Next  Generation esixen para acceder ás súas axudas: transición verde e  sostible, mellora da eficiencia enerxética, transición dixital e  competitividade».

O Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 'Os fogóns do Anllóns' segue a avanzar, logo da xuntanza que Regueira mantivo cos cinco concellos que participan no proxecto