SUMA 50 000 0000 EUROS AOS 50,5 MILLÓNS CONSIGNADOS NO ORZAMENTO INICIAL

Regueira e García presentan as novidades do POS+2024, que en abril superará os 100 millóns de investimento

Regueira e García, na presentación do POS+2024, hoxen na sede provincial
Regueira e García, na presentación do POS+2024, hoxen na sede provincial
«Trátase dun plan revolucionario que permite o financiamento da maioría da obra pública dos concellos», sinalou o vicepresidente. Para a titular de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, «a mellor parte vén cando esas cifras se converten nunha mellora da calidade de vida da veciñanza dos concellos máis pequenos».
Regueira e García presentan as novidades do POS+2024, que en abril superará os 100 millóns de investimento

«O financiamento local é a gran materia pendente do Estado, e, conscientes diso, queremos apoiar os concellos coruñeses a través do Plan Único da Deputación, un plan revolucionario grazas ao que os gobernos locais van poder sufragar a maioría da súa obra pública e asumir cada vez máis competencias». Así o afirmou Xosé Regueira na presentación, esta mañá na sede provincial, das novidades do POS+2024, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola titular de Plans Provinciais e Asistencia a Municipio, Cristina García, e polo presidente Valentín González Formoso. O Plan suma 50 000 0000 euros aos 50,5 millóns consignados no orzamento inicial: 100,5 millóns en abril, unha cifra récord que se destinará a financiar obras, gasto corrente, servizos públicos e iniciativas de carácter social nos 93 concellos da provincia.

Non deixou pasar a ocasión o vicepresidente para poñer en valor os logros da Deputación «cun orzamento total este ano de 200 millóns, fronte aos 11.400 millóns que xestiona a Xunta».

Para Cristina García, «a mellor parte vén cando estes cadros cheos de cifras se converten en realidades que son melloras na accesibilidade de rúas e espazos públicos, melloras de centros educativos e deportivos municipais, creación de xardíns e zonas verdes, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou novos sistemas de alumeado público; grazas a un plan que, ademais, lles permite aos concellos soster servizos públicos básicos coma o alumeado público, a recollida de lixo ou a limpeza viaria».

«O POS», explicou a deputada, «é, pois, unha ferramenta que mellora a vida da cidadanía en todos os concellos da provincia, pero especialmente naqueles de menor poboación, xa que para os 82 concellos de menos de 20 000 habitantes o importe recibido a través do POS pode supor entre un 5 e un 10 % do seu orzamento, no caso dun municipio mediano, e ata entre un 20 e un 30 %, para os máis pequenos».

 

Regueira e García presentan as novidades do POS+2024, que en abril superará os 100 millóns de investimento