PRESENTARÁ NO HOTEL NOBU A MARCA DO SEU DEPARTAMENTO 'A PROVINCIA QUE SABE'
Regueira leva a Donosti a riqueza gastronómica da provincia
Xosé Regueira viaxa esta tarde a Donosti para presentar mañá, ante profesionais dos sectores agroalimentario e gastronómico, 'A provincia que sabe', unha das marcas de promoción turística polas que aposta o seu departamento. No encontro 'A Coruña cos 5 sentidos' que acollerá o Hotel Nobu, Regueira acompañará a produtores de quilómetro 0 coruñeses e a cociñeiros do Restaurante Balarés, de Ponteceso, quen darán a coñecer a materia prima da provincia coa que traballan.
«Queremos presumir das excelencia dos nosos produtos, da nosa gastronomía e do noso bo facer, e dirixirnos a un perfil de visitante que valora a calidade e a sustentabilidade», adiantou o vicepresidente da Deputación. «Por iso levamos a cabo iniciativas coma esta, que forman parte da nosa estratexia de reivindicar un turismo e unha gastronomía de alto nivel como principal valor diferencial».
«Os berberechos do Anllóns, os percebes do Roncudo, o polbo de Mugardos, os mexillóns do Barbanza, a empanada de Carballo, os grelos de Monfero ou os queixo de Arzúa son algúns do produtos dos que presumiremos mañá en San Sebastián», dixo Regueira.