Sol Agra: «A contratación pública ten o deber de incorporar a perspectiva de xénero»

Agra, durante o seu relatorio no II Congreso de Contratación Pública
Agra, durante o seu relatorio no II Congreso de Contratación Pública
«Imos seguir desenvolvendo políticas públicas propias e tamén apoiando os concellos: con subvencións para a contratación de axentes de igualdade en municipios de menos de 20.000 habitantes; cunha oferta eficaz de actividades de sensibilización, de formación e de asesoramento; con axudas a entidades da provincia para o mantemento de programas pola paridade real e contra a violencia machista; e, por suposto, poñendo en marcha o regulamento de transversalización, na integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas», dixo a deputada de Igualdade no relatorio que abriu, esta mañá no Teatro Colón Coruñés, a segunda xornada do 'II Congreso de Contratación Pública: por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible'.
Sol Agra: «A contratación pública ten o deber de incorporar a perspectiva de xénero»

Sol Agra abriu esta mañá a segunda xornada do 'II Congreso de Contratación Pública: por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible', organizado pola área de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña e dirixido polo deputado do BNG e titular dese departamento, Xosé Lois Penas. Fíxoo cun relatorio no que defendeu a necesidade dunha maior implicación das administracións públicas na aplicación das políticas de igualdade de xénero.

Agra salientou a importancia da contratación, á que se referiu como «unha ferramenta de cambio, con moito potencial para lograr efectos e resultados en materia de xénero». A deputada insistiu na relevancia de incorporar cláusulas sobre igualdade de xénero na contratación pública, «decisivas para reducir as desigualdades sociais e de xénero", e na necesidade de que se apliquen «dende a análise e a preparación do contrato». Tamén reflexionou sobre a súa inclusión real: «É é urxente que se cumpla a lei e que as administracións como a Deputación deamos soporte, apoio, asesoramento e formación ás entidades locais máis pequenas».

Para Agra, a liña de traballo do seu departamento está clara: «Imos seguir desenvolvendo políticas públicas propias e tamén apoiando os concellos: con subvencións para a contratación de axentes de igualdade en municipios de menos de 20.000 habitantes; cunha oferta eficaz de actividades de sensibilización, de formación e de asesoramento; con axudas a entidades da provincia para o mantemento de programas pola paridade real e contra a violencia machista; e, por suposto, poñendo en marcha o regulamento de transversalización, na integración da perspectiva de xénero na xestión pública».

Xosé Lois Penas será o encargado, esta tarde, de clausurar o congreso, co relatorio “A política e a administración ao servizo da contratación pública”.

Sol Agra: «A contratación pública ten o deber de incorporar a perspectiva de xénero»