Xose Lois Penas: «A contratación pública debe ter en conta o conxunto da sociedade e aplicar políticas transversais que promovan a igualdade»

O deputado de Contratación, Xosé Lois Penas, na primeira edición do Congreso
O deputado de Contratación, Xosé Lois Penas, na primeira edición do Congreso
«O obxectivo do congreso é promover unha contratación pública máis áxil e eficaz, máis próxima e accesible para a cidadanía», salientou o deputado do BNG sobre as xornadas que se celebrarán no Teatro Colón da Coruña, baixo a súa dirección, os días 1 e 2 de abril.
Xose Lois Penas: «A contratación pública debe ter en conta o conxunto da sociedade e aplicar políticas transversais que promovan a igualdade»
Xosé Lois Penas dirixirá do II Congreso de contratación pública: por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible, que vai organizar a Deputación da Coruña, no Teatro Colón, os días 1 e 2 de abril. O responsable provincial de Patrimonio, Contratación e equipamento teno claro: «O obxectivo da convención é promover unha contratación pública máis axil e eficaz, mais próxima e accesible para cidadanía, nunhas xornadas que reúnen a profesionais de referencia, tanto do sector público coma do privado».

O congreso servirá de punto de encontro entre administracións públicas, o tecido empresarial e social e a cidadanía, pois, sinala Penas, «a colaboración entre todos os axentes dos sectores público e privado é fundamental para calquera sociedade en todos os ámbitos, e por suposto tamén do contratación pública».

A igualdade será un eixe transversal na programación do congreso, que abordará tamén outros temas, entre os que destacan o medioambiente, a diversidade funcional e o urbanismo social, e que contará coa participación de centros especiais de emprego e entidades do terceiro sector. «A contratación pública debe ter en conta ao conxunto da sociedade e aplicar políticas transversais que promovan a igualdade en tódolos sentidos, sen esquecer cuestións que nos atinxen a todos, coma o respecto ao medioambiente».

O II Congreso de contratación pública: por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible aspira a ser, en palabras de Penas, «o mellor congreso de contratación de todos os que se celebren este ano no Estado. Durante as xornadas, imos buscar solucións para permitir que as empresas sexan o motor da economía da provincia, ofrecéndolles as ferramentas axeitadas e aplicando unhas políticas públicas máis áxiles, dinámicas e igualitarias en todos os procesos». 

Xose Lois Penas: «A contratación pública debe ter en conta o conxunto da sociedade e aplicar políticas transversais que promovan a igualdade»