Xosé Regueira, en Fitur: «A nosa estratexia pasa pola alianza cos diferentes territorios, para acompañalos nos seus plans»

Regueira, na presentación da campaña de Turismo Barbanza, hoxe en Fitur
Regueira, na presentación da campaña de Turismo Barbanza, hoxe en Fitur
 «A nosa provincia é diversa e por iso temos que abrazar esa singularidade, porque ademais contamos con opcións moi variadas nunha distancia moi curta, e é aí onde temos que focalizar as nosas políticas", explicou o vicepresidente e titular de Turismo da Deputación a propósito dos plans do seu departamento.
Xosé Regueira, en Fitur: «A nosa estratexia pasa pola alianza cos diferentes territorios, para acompañalos nos seus plans»

Xosé Regueira puxo hoxe, durante a segunda xornada de Fitur, o foco na diversidade da provincia e na colaboración cos destinos turísticos coruñeses como eixo das políticas do seu departamento. «A nosa estratexia», explicou, «pasa pola alianza cos diferentes territorios, para acompañalos nos seus plans. Non se trata dun modelo unitario porque a nosa provincia é diversa. E debemos abrazar esa singularidade, porque ademais contamos con opcións moi variadas nunha distancia moi curta, e é aí onde temos que centrar as nosas políticas».

«O noso», abundou o vicepresidente da Deputación, «é un territorio con produtos turísticos moi diferentes que teñen en común a súa autenticidade. Na Coruña podemos atopar destinos espectaculares e moi distintos entre si, coma Cabo Ortegal, Barbanza Arousa ou a Costa da Morte, sen esquecer as nosas cidades, tan hospitalarias e humanas, e do noso interior. E todos eses destinos destacan pola súa gastronomía, patrimonio, cultura, natureza e ocio activo».

A proposta que fixo onte Regueira, na feira madrileña, de traballar por un turismo sostible defendeuna hoxe na caseta de Cantabria. O deputado do BNG reuniuse coa conselleira e co director de Turismo desa comunidade, Eva Guillermina e Gustavo Cubero, e con representantes de Costa Quebrada, aspirante a Xeoparque Mundial da Unesco. Regueira compatiu a experiencia da Deputación da Coruña co Xeoparque do Cabo Ortegal e salientou «o traballo conxunto dos sete concellos implicados para acadar o éxito: o apoderamento da veciñanza e a súa implicación, e a colaboración entre as administracións públicas e o sector privado».

Regueira participou tamén na presentación de 'Viaxe a través dos sabores', da Mancomunidade Barbanza Arousa, onde puxo en valor o potencial turístico e cultural da industria conserveira e de toda a comarca. «A nosa identidade é a nosa mellor marca. E, no caso de Barbanza Arousa, a súa memoria conserveira conta cun gran potencial turístico polo que debemos sacar peito. É historia, cultura e patrimonio, e temos a obriga de promovelo con orgullo».

O xeodestino Terras da Comarca de Ordes foi outro dos asuntos na axenda do vicepresidente, quen louvou a labor que está a realizar a Mancomunidade dese territorio, «exemplo dun turismo competitivo, innovador e responsable co medio natural».

 

Xosé Regueira, en Fitur: «A nosa estratexia pasa pola alianza cos diferentes territorios, para acompañalos nos seus plans»