A DEPUTACIÓN ACHEGARÁ 80 000 € PARA A PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS DO ESPAZO MALPICÁN

Penas: «Co novo acordo da xestión do Ecomuseo do Forno do Forte potenciamos o coñecemento da idiosincrasia de Buño, que non se entende sen a súa olaría»

Penas e Parga asinan o convenio na sede provincial
Penas e Parga asinan o convenio na sede provincial
«Queremos continuar apoiando a revitalización deste espazo e reconstruíndo a vida cotiá das xentes labregas e oleiras que fixeron de Buño un centro emblemático da produción artesá de Galicia, da provincia e da comarca», sinalou o deputado do BNG trala sinatura do convenio entre a Deputación e o Concello de Malpica.
Penas: «Co novo acordo da xestión do Ecomuseo do Forno do Forte potenciamos o coñecemento da idiosincrasia de Buño, que non se entende sen a súa olaría»

O responsable provincial de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asinaron a renovación do convenio polo Ecomuseo do Forno do Forte, en Buño. A xestión da instalación seguirá en mans dese concello e a Deputación da Coruña, propietaria do espazo, achegará 80.000 euros para a programación en 2024 de actividades culturais de dinamización da tradición oleira nas instalacións do museo.

«Queremos continuar apoiando a revitalización deste espazo e reconstruíndo a vida cotiá das xentes labregas e oleiras que fixeron de Buño un centro emblemático da produción artesá de Galicia, da provincia e da comarca», sinalou Penas.

"Potenciamos o coñecemento da idiosincrasia de Buño, que non se entende sen a súa olaría, e tamén apostamos polos novos talentos que están a facer uso de traballos artesanais para ofrecer pezas únicas con moita historia e identidade", engadiu o deputado do BNG.

 

Penas: «Co novo acordo da xestión do Ecomuseo do Forno do Forte potenciamos o coñecemento da idiosincrasia de Buño, que non se entende sen a súa olaría»