A INSTITUCIÓN PROVINCIAL ACHEGARÁ 36 000 EUROS

Natividade González asinou o convenio entre a Deputación e a Fundación CIEC polo centenario da Casa Núñez

González e Galilea, na sinatura do convenio
González e Galilea, na sinatura do convenio
«A Casa Núñez é historia, patrimonio e cultura, de Betanzos e de todo o país, e unha excepcional mostra do gran traballo do artista, que serve tamén de escaparate para as obras de creadores emerxentes e tamén de outros xa consagrados», salientou a deputada do BNG e responsable provincial de Cultura.
Natividade González asinou o convenio entre a Deputación e a Fundación CIEC polo centenario da Casa Núñez

A responsable provincial de Cultura, Natividade González, e Pedro Galilea, director da Fundación Centro Internacional de la Estampa Contemporánea-CIEC, de Betanzos, asinaron está mañá un convenio para cofinanciar o programa de actividades polo centenario da Casa Núñez, sede da Fundación. A Deputación fará unha achega de 36 000 euros.

«A Casa Núñez é historia, patrimonio e cultura, de Betanzos e de todo o país, e unha excepcional mostra do gran traballo do artista, que serve tamén de escaparate para as obras de creadores emerxentes e tamén de outros xa consagrados», salientou a deputada do BNG. «A labor da Fundación CIEC referenda esta aposta cunha intensa programación que vai máis aló do seu centenario, e que sitúa a Betanzos no epicentro mundial da arte gráfica».

«Na área de Cultura da Deputación contamos cunha importante liña de apoio á creación artística nas súas diferentes disciplinas, como a arte gráfica», engadiu González. «Un apoio que se reflicte na colaboración coa Fundación CIEC para o desenvolvemento de iniciativas anuais coma o Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica, entre outras».

Natividade González asinou o convenio entre a Deputación e a Fundación CIEC polo centenario da Casa Núñez