O VICEPRESIDENTE FAI UN BALANCE «MOI POSITIVO» DA PARTICIPACIÓN DE TURISMO DA DEPUTACIÓN NA FEIRA MADRILEÑA

Xosé Regueira: «Nos sectores gastronómico e agroalimentario da provincia da Coruña hai moito talento, e o noso deber é apoialos e promovelos en foros como Madrid Fusión»

Xosé Regueira, hoxe na xornada final de Madrid Fusión
Xosé Regueira, hoxe na xornada final de Madrid Fusión
«A nosa gastronomía é un produto turístico en si mesmo que triunfa por onde vai, e os produtores e os cociñeiros coruñeses destacan en espazos coma Madrid Fusión, onde este ano exhibimos unha proposta da man de profesionais que fan marca de país», salientou Regueira.
Xosé Regueira: «Nos sectores gastronómico e agroalimentario da provincia da Coruña hai moito talento, e o noso deber é apoialos e promovelos en foros como Madrid Fusión»

Hoxe clausurouse Madrid Fusión e Xosé Regueira fixo balance, «moi positivo», da participación de Turismo da Deputación. Coa marca 'A provincia que sabe', o departamento do que é reponsable o vicepresidente promoveu a materia prima de pequenos produtores locais e as receitas, con eses produtos tan vinculados ao territorio, de cociñeiros de referencia, algúns con estrela Michelín, procedentes dos diferentes xeodestinos coruñeses.

«A nosa gastronomía é un produto turístico en si mesmo que triunfa por onde vai, e os produtores e os cociñeiros coruñeses destacan en espazos coma Madrid Fusión, onde este ano exhibimos unha proposta da man de profesionais que fan marca de país», salientou Regueira. «En Turismo da Deputación temos o deber de apoiar e promover estas pequenas empresas para que o seu traballo sexa coñecido e recoñecido, e o éxito do seu paso por foros de tan alto nivel, como é esta feira, confirma o seu bo facer».

«Na Coruña hai moito talento, tanto no sector agroalimentario coma no gastronómico, e queremos presumir del e poñelo en valor», afirmou o deputado do BNG. «Vemos profesionais xa consagrados que son referencia, pero tamén outros emerxentes con propostas moi innovadoras e interesantes, e todos teñen en común o respecto e o amor polo territorio, que define o seu traballo, para o que empregan produtos de quilómetro cero que falan moito do sitio ao que pertencen».

Xosé Regueira: «Nos sectores gastronómico e agroalimentario da provincia da Coruña hai moito talento, e o noso deber é apoialos e promovelos en foros como Madrid Fusión»