Novas
Regueira, con outros dos promotores do Xeoparque de Ortegal, nunha edición anterior de Fitur

Xosé Regueira: "Agora é o momento de difundir en foros como Fitur a dimensión social e as potencialidades económicas de Cabo Ortegal"

A área de Turismo da Deputación da Coruña volve participar no principal foro turístico a nivel estatal poñendo o foco no proxecto do Xeoparque de Cabo Ortegal e nos recursos turísticos desta comarca. O vicepresidente provincial lembra que do seu departamento xa leva anos traballando de xeito concienciudo  para facelo posible: "Agora este traballo sitúanos nun momento especialmente ilusionante porque, como vimos repetindo nos últimos meses, estamos practicamente na antesala da elite mundial do sitios xeolóxicos".

Ler novas
Penas e Muíño, durante a súa intervención na inauguración das xornadas

Xosé Lois Penas e María Muíño defenden ‘A Luz da ciencia’ como ferramenta para acabar coas fendas de xénero nas disciplinas científicas

“Estas xornadas deben crear vínculos entre a sociedade científica e tamén poñer luz no eido das dificultades que atopan as mulleres á hora de formarse, de incorporarse ao mercado laboral e de desenvolver unha carreira profesional de dedicación e investigación no eido da ciencia”, salientou o deputado provincial de Patrimonio. A responsable de Igualdade, María Muíño, apostou pola transversalidade para romper as barreiras da discriminación por sexo: “Entendemos que o traballo pola igualdade de xénero, para ser expansivo, para acadar unha transformación real, ten que chegar a todas as áreas e a todas as accións de goberno”.

Ler novas
Xurxo Couto e Xavier Campos, na presentación do proxecto

O Reino de Galiza centra a nova liña de traballo da área de Cultura da Deputación da Coruña

Socializar o coñecemento sobre a historia medieval galega a través de audiovisuais, merchandising, produtos propios da cultura pop actual, intervencións de cultura urbana, libros ou discos, é o obxectivo da convocatoria do ‘Fondo de proxectos culturais Reino de Galiza 2021-22. A institución provincial destina un total de 250.000 euros a este fondo, no que se seleccionarán un total de 20 proxectos, cun orzamento máximo de 15.000 euros por proposta.
Ler novas
Penas, na presentación da pasada edición de 'A luz da ciencia'

Xosé Lois Penas: «Crear vínculos entre a actividade científica e a sociedade é o obxectivo principal das xornadas ‘A luz da ciencia'»

“Sempre dicimos que a perspectiva de xénero debe ser transversal a toda a acción política da Deputación e en consecuencia estamos realizando un traballo constante para facelo realidade, ben sexa directamente desde a área de Igualdade, ben desde outras áreas e a través de factores moi diversos, como a introdución de criterios de xénero nas convocatorias públicas ou creando foros de debate e reflexión como este”, asegura o deputado provincial de Patrimonio. Penas fai tamén fincapé en que á hora de deseñar as xornadas se tiveron en conta “mulleres profesionais que están en activo e que neste momento son referentes en si mesmas no traballo científico, cada unha delas nun ámbito diferente”.
Ler novas
María Mariño e Benito Portela, durante a visita á mostra

María Muíño visitou na Casa da Cultura de Sada a exposición itinerante de homenaxe aos 100 anos da bandeira galega

A deputada provincial de Normalización Lingüística cualificou como “un gran acerto utilizar a ilustración e a banda deseñada para facer máis accesible e máis atractiva a historia da bandeira a todo tipo de públicos”. A mostra, que inclúe unha selección de obras de ilustradores e ilustradoras da plataforma Coruña Gráfica, aínda pode visitarse na Casa da Cultura sadense durante esta fin de semana. Posteriormente continuará o seu percorrido polos concellos de Santiago de Compostela, Ribeira, Carballo e San Sadurniño.
Ler novas
Charlo Varela recibe o cadro de homenaxe de mans de Muíño e de Penas

Patrimonio e Normalización Lingüística da Deputación abren as actividades de homenaxe en 2022 a Francisco Tettamancy

“Francisco Tettamancy foi un dos grandes da nosa historia e pensamos que como tal ten que ser lembrado”, aseguraba esta mañá a deputada de Normalización Lingüística, María Muíño, quen lembrou que o monumento aos Mártires de Carral fora implulsado por iniciativa da Liga Gallega, da que formaba o propio Tettamancy. Muíño fixo mención á actual reivindicación para que o monumento sexa declarado Ben de Interese Cultural a través dunha iniciativa rexistrada pola deputada do BNG no Parlamento galego Mercedes Queixas. Xosé Lois Penas afirmou que a a homenaxe á figura de Tettamancy é “necesaria, merecida e sempre insuficiente para compensar tantos anos de silencio en torno a unha figura clave e esencial da historia recente do noso país”.
Ler novas
Cartel das homenaxe da Deputación a Francisco Tettamancy

As áreas de Patrimonio e de Normalización Lingüística da Deputación homenaxean a Francisco Tettamancy

“Neste caso, trátase de axudar a esclarecer a figura dun personaxe destacado da nosa historia, que consideramos que non é tan coñecido como debería, así como o legado que nos deixou sobre o tempo que lle tocou vivir”, asegura o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas. A responsable de Normalización Lingüística, María Muíño pon o foco “na importancia de recuperar, mediante a reedición, documentos de gran valor histórico e literario e poñelos a disposición da cidadanía para dar a coñecer e profundizar en períodos fundamentais da nosa historia como pobo”.
Ler novas
María Muíño, cos directivos da MNL Celia Armas e Marcos Maceiras (arquivo)

A Deputación investirá 550 000 euros en 2022 para subvencionar os servizos de normalización lingüística

"Os concellos son as administracións máis próximas á veciñanza e, polo tanto, poden cumprir un papel esencial á hora de promover o uso do galego. Neste sentido, a Deputación da Coruña quere manter o apoio á creación dos servizos de normalización lingüística que dan apoio fundamental aos municipios no seu labor normalizador", apunta a responsable provincial da área de Normalización Lingüística, María Muíño.
Ler novas
Xurxo Couto,  con Ana Yáñez, Belén Bermejo, Alma Sarasola e Patricia Cadaveira

Nace ‘Sons para un regreso’, un ciclo de concertos a cargo de antigas bolseiras da Deputación da Coruña

A área de Cultura provincial dá a coñecer, a través desta primeira experiencia, o traballo de catro músicas que recibiron nas últimas dúas décadas bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos: Rosalía Gómez Lasheras, Patricia Cadaveira, Ana Yáñez e Alma Sarasola. “Desde que as bolseiras e bolseiros da Deputación soñaron con dedicarse de xeito profesional á música ata que consiguen desenvolver as súas carreiras con éxito, hai un camiño que merece a pena ser posto en valor e ese é o obxectivo de ‘Sons para un regreso’, que o público poidamos coñecer na voz das súas protagonistas que supuxo ser bolseiras da Deputación e como influíu na súas respectivas traxectorias”, asegurou Xurxo Couto.

Ler novas
Xurxo Couto, con Ramón Rozas e Susana Pedreira, na entrega dos Premios Torrente Ballester

Xurxo Couto: "Hoxe é un día feliz para a literatura deste país porque dous novos nomes veñen sumarse á nómina dos Premios Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña"

"Este é un dos premios máis veteranos dos que convoca esta institución e un dos certames máis prestixiados do panorama literario galego", asegurou o deputado de Cultura no acto de entrega dos galardóns, celebrado esta mañá na sede da Deputación. Logo de anunciar as obras gañadoras, Couto puxo en valor o traballo profesional de todo o equipo que colabora para chegar ao fallo, desde as comisións lectoras que leron e valoraron as preto de 500 obras que se presentaron este ano ata as dez persoas que conformaron os xurados.

Ler novas
Couto, durante a súa intervención na xornada de Boiro

Xurxo Couto: "Os proxectos culturais deben atender á sustentabilidade desde a perspectiva ambiental, desde a política e desde a económica"

Na xornada 'Cultura sustentable, o reto postcovid', Couto salientou a necesidade de "atender á responsabilidade que temos como Administración, como profesionais e como público cos grandes retos que afectan á saúde do planeta e a importancia de tomar conciencia de como os proxectos locais repercuten e suman no contexto global de emerxencia climática no que estamos actualmente". Tamén fixo fincapé na "necesidade de promover e preservar valores identitarios propios, prestar especial atención ao que nos fai culturalmente singulares, porque na singularidade e na diferenza está unha parte importante da nosa riqueza como pobo".

Ler novas
O deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto

Xurxo Couto: "No Culturgal apoiaremos a presenza das empresas culturais da provincia e poñeremos en valor o talento dos nosos creadores e das nosas creadoras"

A Culturgal 2021, que se celebrará os días 27 e 28 de novembro no recinto feiral de Pontevedra, é en palabras do deputado de Cultura, Xurxo Couto "a cita por excelencia do tecido cultural profesional en Galiza e a Deputación da Coruña, como vén facendo nos últimos anos, volve ter unha participación activa no seu desenvolvemento". Os gañadores e gañadora dos premios Torrente Ballester, González Garcés, Raíña Lupa e Castelao, que organiza a institución provincial, falarán o sábado das súas obras.

Ler novas
Regueira, na xuntanza cos concellos promotores do proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal

Xosé Regueira, sobre a selección da candidatura de Cabo Ortegal a Xeoparque da UNESCO: “Estamos ás portas de entrar na elite mundial”

O vicepresidente e responsable da área de Turismo da Deputación asegurou que o apoio da candidatura por parte do Comité Español “sitúanos nun momento histórico” e celebrou que o traballo realizado entre a institución provincial e concellos estea dando os froitos esperados. A Deputación e a Asocación para a xestión do Xeoparque teñen formalizado un convenio de 240.000 euros para levar a cabo as actuacións imprescindibles para a defensa da candidatura do Xeoparte perante a UNESCO.

Ler novas
O vicepreseidente e responsable de Turismo da Deputación, Xosé Regueira

Xosé Regueira: "Na provincia da Coruña, con ríos e lagoas dun gran potencial, precisabamos un proxecto deste tipo de aproveitamento dos recursos fluviais, claramente sustentábel"

A nova liña de axudas que sae a convocatoria inclúe a posta en marcha dun programa piloto de ecoturismo náutico. Cada un dos entes de xestión dos seis xeodestinos poderá optar á concesión dun só barco. “Trátase de ir vendo como se pode deseñar e estruturar un produto fluvial que teña rendibilidade e retorno no territorio, tanto a nivel de emprego como de economía e mesmo de ocio para a poboación residente”, explicou o vicepresidente provincial.

Ler novas
#DeFronte en Rianxo

María Muíño lembra que "non se pode calar ante a vulnerabilidade de quen sofre violencia machista nun país no que o envellecemento poboacional é moi alto"

"Hai estudos que demostran que un dos grupos máis vulnerábeis entre as vítimas de violencia machista é o das mulleres de máis idade e isto non é algo que poidamos calar", asegurou a deputada provincial de Igualdade. "Cómpre", engdiu, "poñer os datos enriba da mesa, visibilizar esta situación e sobre todo adoptar medidas e iso é o que se pretende con esta palestra que agardo sexa un espazo de reflexión e de formación".

Ler novas
Regueira, cos participantes na presentación do proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal

Xosé Regueira explicou en Valdoviño os obxectivos técnicos do proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal

O vicepresidente da Deputación da Coruña participou na presentación do proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal ante os sete concellos que conforman a comisión intermunicipal do proxecto e as entidades sociais e do sector turístico da comarca. O proxecto, presentado aos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, conta inicialmente cun importe global de 3,8 millóns de euros e contempla 40 accións que se estruturan en 4 eixos programáticos de traballo: transición verde e sostible, eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade.

Ler novas
Xosé Regueira, durante a súa intervención en FairWay

Xosé Regueira defende en FairWay un crecemento turístico ligado á preservación do medio e á creación de emprego

O vicepresidente da Deputación participou na conferencia inaugural “Turismo e Sustentabilidade”, no marco do IV Fórum do Camiño de Santiago – FairWay, que se está a celebrar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. “O reto", afirmou, "é que no futuro cando se fale de turismo en Galiza se fale de retorno económico no ámbito local, de xeración de emprego, e de calidade na preservación do medio natural”.

Ler novas
XUNTANZA COMARCA EUME

Xosé Regueira: “Os proxectos de Xeoparque de Ortegal e das Fragas do Eume son necesarios para mellorar a empregabilidade e o desenvolvemento destes territorios”

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo amosa a súa satisfacción tras coñecerse que veñen de ser aprobados os dous proxectos presentados polo ente provincial á convocatoria de Plans de Sustentabilidade Turística en Destino. A protección do medio natural e o seu uso como motor de desenvolvemento, o equilibrio sustentable a nivel económico, a eficiencia enerxética e a diversificación turística, entre as caracterísicas máis salientables dos dous proxectos.

Ler novas
Xosé Regueira, en Xantar

Xosé Regueira, en Xantar: "A colaboración entre administracións é imprescindible para construír destinos turísticos competitivos e un futuro próspero para o sector"

O vicepresidente defendeu na feira ourensá os programas postos en marcha polo BNG desde a área de Turismo da Deputación da Coruña para promover a provincia non só como territorio gastronómico relevante, senón como referente nacional dun turismo de proximidade que contribúa á desestacionalización. Nese sentido, citou as campañas '52 fins de semana na provincia da Coruña' e '956 quilómetros de costa e un camiño infinito'.

Ler novas
XORNADA MUSEOS

Xurxo Couto avoga por procurar estratexias que vinculen de xeito real e eficaz o museo local coa comunidade

Na inauguración das xornadas ‘Diagnose e necesidades do museo local’, que se están celebrando no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, organizadas pola Deputación da Coruña no marco do programa ‘A cultura é un dereito’, o deputado provincial fixo referencia aos desafíos aos que se enfrontan os museos locais “nunha sociedade en constante transformación, cada vez máis virtual e máis dependente de novas canles de información e difusión online, que desenvolve novos comportamentos e que demanda novos produtos”. Neste sentido, animou a todos e a todas as participantes no encontro a profundizar en exemplos de boas prácticas e estratexias que convertan os museos en puntos de referencia cultural nas súas contornas.

Ler novas