Novas
Xurxo Couto e Sergio Marey, na entrevista que mantiveron hoxe na sede provincial

Xurxo Couto: "LabCareixa nace coa idea de fomentar o diálogo entre creadores e creadoras novas do campo visual, escénico e plástico"

"Trátase dun proxecto no que participan cinco artistas de diferentes disciplinas para crear de xeito colectivo unha peza escénica, de carácter performático, baseada nun texto dramático de Luísa Villalta, e que nace coa idea de continuar na liña de apoio á creación artística que vén desenvolvendo da Deputación desde hai anos”, salientou o responsable de Cultura provincial
Ler novas
Xurxo Couto e Xavier Campos, na presentación do Fondo, o pasado xaneiro

O ‘Fondo de proxectos culturais Reino de Galiza’ abre o prazo de presentación de solicitudes

Para o responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto, “o Fondo evidencia a existencia previa dun gran interese en desenvolver iniciativas relacionadas coa nosa historia medieval e que, tal e como xa tiñamos detectado, precisan dunha canle de apoio para ver a luz”. Precisamente atendendo ao número e á tipoloxía de consultas recibidas, Couto dixo que o seu departamento “espera que esta primeira edición do Fondo arranque xa cunha diversidade de proxectos significativa e que contribúa a poñer en valor   a historia, as figuras, os lugares e os momentos do Reino medieval de Galiza”.
Ler novas
Regueira e Penas, cos representantes de Culturar, hoxe en Muros

Xosé Regueira e Xosé Lois Penas reúnense con representantes da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial para coñecer as necesidades do sector

“Ao incluír os barcos tradicionais no novo programa de subvencións”, explicou o vicepresidente provincial, “estamos dando resposta a unha demanda histórica por parte das entidades que xestionan este tipo de patrimonio e que carecen de actividades económicas propias que lles permitan asumir os custos que supón a conservación das embarcacións, un recurso dun valor cultural incalculable”.
Ler novas
O responsable do departamento de Cultura da Deputación, Xurxo Couto

A Deputación destina este ano 275.000 euros para apoiar proxectos de especial relevancia social e cultural

Para o responsable do departamento provincial de Cultura, Xurxo Couto, “a existencia dun tecido cultural privado, que ofreza contidos de calidade e de interese en lingua galega, e capaz de gañar músculo, solvencia, autonomía e capacidade de ser rendíbel, resulta fundamental para o desenvolvemento cultural normalizado do noso país e esixe da posta en marcha de políticas de apoio desde o ámbito público”. 
Ler novas
O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira

A Deputación da Coruña investirá medio millón de euros na primeira fase do Proxecto Anllóns

“Ademais de mellorar a saúde do río e a calidade da súas augas, pretendemos facer do curso completo, desde o seu nacemento até a súa desembocadura, un recurso aberto á sociedade, andable e transitable en bicicleta polas ribeiras, e que sexa relevante na oferta turística fluvial non só xa da Costa da Morte, senón de toda Galiza”, explicou o vicepresidente provincial, Xosé Regueira
Ler novas
Penas, cos representantes dos cinco concellos que integran o Parque Compostela Rupestre

Xosé Lois Penas reúnese cos concellos participantes en Compostela Rupestre para por en marcha as primeiras accións do Plan Director do parque arqueolóxico

“Este é o inicio real da fase executiva do proxecto, na que lle imos dar prioridade á limpeza e mantemento dos petróglifos, a compra de parcelas nas que se sitúan os xacementos en Monte Piquiño e a creación do Centro de Interpretación Rupestre de Villestro, coa vista posta no obxectivo fundamental da preservación, protección e promoción dos gravados para que sexan visitables e accesibles a toda a cidadanía”, salientou o responsable provincial de Patrimonio.
Ler novas
Xosé Regueira, durante a súa intervención no FamTrip

Xosé Regueira avoga por mellorar a conectividade co eixo Porto-Lisboa para ampliar as posibilidades turísticas

O vicepresidente e titular de Turismo da Deputación participou esta mañá no encontro con representantes de Organizadores Profesionais de Congresos no marco dun FamTrip organizado por A Coruña Convention Bureau, e salientou a excelente situación xeográfica da cidade da Coruña en relación a outros lugares de destacado interese da provincia. “Estamos 40 minutos de Ferrol, que neste momento opta a ser Patrimonio da Humanidade, ou a 50 minutos de Compostela que, ademais de ser Patrimonio da Humanidade, é unha das cidades máis visitadas”.
Ler novas
A deputada provincial de Igualdade María Muíño

A Deputación destina 420.000 euros ao desenvolvemento de políticas de Igualdade e loita contra a violencia de xénero

“Desde o departamento de Igualdade da Deputación temos que apoiar políticas de igualdade que promovan accións de empoderamento e participación social, programas de mellora da empregabilidade, actividades de fomento da igualdade entre homes e mulleres ou proxectos que incidan no eido da conciliación familiar e a responsabilidade compartida”, explicou a deputada provincial María Muíño. 
Ler novas
A deputada provincial de Igualdade, María Muíño

María Muíño: "Coa nova convocatoria de axudas para a contratación de axentes estamos máis preto da Rede provincial de concellos pola igualade"

“A Rede pola igualdade permitirá unha mellor coordinación, impacto e eficacia das accións e iniciativas, pero está claro que sen persoal técnico especializado non é posible unha sociedade libre de violencias ou igual para todos", explicou Muíño a propósito da nova liña de subvencións, cuxa convocatoria, destinada a concellos de menos de 20.000 habitantes, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 25 de febreiro.
Ler novas
O responsable do departamento de Cultura da Deputación, Xurxo Couto

Cultura da Deputación da Coruña financia a contratación de técnicos de xestión cultural nos concellos e de persoal de atención de museos municipais

"Contribuír á profesionalización dos departamentos de cultura nos concellos, promover boas prácticas, e fomentar as programacións culturais estables é a finalidade destas dúas convocatorias que, pensamos, son indispensables para achegar a cultura de calidade a toda cidadanía", asegura Xurxo Couto. O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de febreiro.
Ler novas
O responsable de Turismo e vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira

Xosé Regueira: "Coa liña de axudas para financiamento en 2022 do persoal das oficinas de turismo seguiremos incrementando a calidade e mellorando a atención no sector”

Desde 2017, as axudas da Deputación para a contratación de persoal especialista en turismo dánlle traballo no ámbito territorial da provincia  a 53 persoas e tamén servizo a un total de 62 entidades municipais. "Desde o primeiro momento fomos conscientes de que un turismo de calidade implicaba ter bos técnicos para planificar e bo persoal para informar”, explica Regueira.
Ler novas
Couto, con Pilocha e Miro Casabella, na presentación do ciclo

Xurxo Couto: "O ciclo ‘Pioneirxs da música galega’ é unha oportunidade histórica para recuperar a música en galego dos anos 70, cerne do gran momento musical que está a vivir o país"

O Teatro Colón acollerá nos próximos meses dous concertos en directo nos que se recuperarán o primeiro álbum de jazz-fusión galego: ‘Pilocha’(1978), da cantante do mesmo nome, e un dos primeiros álbums de canción de autor, ‘Ti, Galiza’ (1977), de Miro Casabella. O sábado 12 de febreiro subirá ao escenario Pilocha e o sábado 5 de marzo farao Casabella. As entradas serán de balde previa retirada a través da web do teatro coruñés.
Ler novas
Penas, na súa visita ás obras de remusealización do Forno do Forte

Xosé Lois Penas: "Coa museización que poñemos en marcha, o Forno do Forte actualízase a unha realidade social da olaría que non estaba reflectida na instalación actual"

“Coas novas melloras, posibles grazas á colaboración da Deputación, o que pretendemos é que o Forno do Forte e a tradición oleira de Buño traballen conxuntamente para buscar un ben único, que é a promoción dunha actividade que forma parte do noso patrimonio inmaterial e que como tal debe ser protexida e promovida por todas as administracións”, explicou o deputado provincial.
Ler novas
Xurxo Couto e Ana Míguez, na presentación do ciclo Mestre Mateo

Xurxo Couto salienta a colaboración estable entre a Deputación e a Academia Galega do Audiovisual na presentación do Ciclo Mestre Mateo

O responsable provincial de Cultura asegurou que o novo ciclo "é un paso máis nunha cooperación que ten por obxectivo fundamental favorecer a difusión do audiovisual feito en Galicia, cunha promoción duradeira que chegue a novos públicos". Segundo o acordo, as cintas finalistas dos Mestre Mateo poderán verse en varios concellos galegos; na provincia da Coruña, este ano chegarán a Arteixo, Ames, Boiro, Carballo e Narón.
Ler novas
Xosé Regueira, con José Miguel Alonso, na promoción da candidatura a Xeoparque de Cabo Ortegal

Xosé Regueira sobre o Xeoparque de Cabo Ortegal: “É unha aposta política que se transformou nun proxecto de país”

Baixo o epígrafe ‘Cabo Ortegal. Unha viaxe ao centro da Terra’, a Deputación promoveu hoxe en Fitur a candidatura de Cabo Ortegal a Xeoparque Mundial da Unesco. O vicepresidente e responsable de Turismo, Xosé Regueira, puxo en valor o compromiso e o apoio de diferentes administracións a unha iniciativa que comezou a impulsar desde o seu departamento no ano 2016. 

Ler novas
Ensaio de "COME AND GO. Dramatícula No 121-127"

A área de Cultura da Deputación da Coruña apoia a estrea no teatro Colón de "COME AND GO. Dramatícula No 121-127"

“Na nosa aposta por programar propostas de calidade, sempre estamos atentos e receptivos para ofrecerlle ao público o máis interesante do traballo das creadoras e os creadores galegos, en todos os ámbitos, e ese é o caso deste espectáculo multidisciplinar que levará ao Colón unha peza performativa na que caben o teatro, o cinema en vivo, a danza e a instalación visual e a música”, sinala o deputado provincial Xurxo Couto.

Ler novas
Regueira, durante o showcooking que a Asociación Coruña Cociña ofreceu hoxe en Fitur

Xosé Regueira defende en Fitur a calidade do produto galego e promociona a cociña como un recurso turístico de máximo nivel

“Neste momento, temos a sorte de contar cun elenco de cociñeiros e cociñeiras que están facendo unha cociña con carácter, que bebe da tradición pero que a transforma nunha oferta de alta cociña”, asegurou o vicepresidente, que estivo acompañado pola súa compañeira no BNG e deputada provincial de Igualdade, María Muíño. “No ranking das estrelas Michelín", engadiu, "cada vez hai máis referencias galegas e máis referencias da provincia da Coruña, polo que podemos considerar a gastronomía do noso territorio como un produto turístico de enorme calidade”.

Ler novas
Couto, na inauguración da mostra do XV Premio Luís Casado no Museo do Pobo Galego

A exposición itinerante do XV Premio Luís Ksado de creación fotográfica chega ao Centro Cívico Cultural de Arteixo

O deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto, salienta a “profesionalidade e calidade incuestionable dos premiados e das obras, unha colección de imaxes que, cunha poderosa narrativa visual, fomentan a reflexión pois miran desde a crítica e a denuncia, pero tamén con sensibilidade e respecto". Logo do seu paso por Arteixo, a mostra poderá visitarse en Ortigueira, A Pobra do Caramiñal, Outes, Ferrol, Arzúa, Carballo e Narón.

Ler novas