Xurxo Couto salienta a colaboración estable entre a Deputación e a Academia Galega do Audiovisual na presentación do Ciclo Mestre Mateo
Esta mañá presentouse na sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña o Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa que nace da colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas. Segundo o acordo, as cintas finalistas dos Mestre Mateo poderán verse en varios concellos do paÃs; na provincia da Coruña, este ano chegarán a Arteixo, Ames, Boiro, Carballo e Narón.
Na súa intervencion, Xurxo Couto lembrou a polÃtica de apoio que o departamento que dirixe presta ao audiovisual a través de diferentes liñas de subvencións, como as axudas a festivais e a outros programas estables, caso do 'Visións' da Rede Cultural. Tamén fixo fincapé na colaboración estable entre a Deputación e a Academia Galega do Audiovisual e asegurou que este ciclo "é un paso máis nunha colaboración que ten por obxectivo fundamental favorecer a difusión do audiovisual feito en Galicia, cunha promoción estable que chegue a novos públicos".
Ana MÃguez, da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual, salientou que este ciclo nace para "potenciar o achegamento do cinema máis actual á cidadanÃa", e agradeceu a todas as administracións participantes a súa implicación, tanto deputacións como concellos. "O Ciclo Mestre Mateo", explicou, "está Ãntimamente ligado aos premios que lle dán nome: o programa darase a coñecer cando se anuncien as finalistas da presente edición e as proxeccións empezarán despois da gala dos Mestre Mateo, que terá lugar o vindeiro 19 de marzo".
O novo ciclo celebrarase de xeito simultáneo en todas as localidades cunha periodicidade mensual, exceptuando os meses de xullo e agosto, e a entrada ás mesmas será de balde. Toda a información sobre programación, horarios e salas estará dispoñible na web https://ciclomestremateo.gal.
Como parte integral do proxecto, a Academia Galega do Audiovisual proporcionará ferramentas especÃficas sobre a produción e a comunicación das proxeccións ás persoas encargadas da xestión desta iniciativa en cada concello e tamén se implicará aos encargados de coordinar a realización de cada proxección e de atender ás demandas das espectadoras e espectadores do ciclo.
De cara ao final do ano terá lugar un encontro das salas que forman parte do Ciclo Mestre Mateo para avaliar o primeiro ano de vida do proxecto e valorar aportacións e propostas de mellora.