A Deputación cede senllas embarcacións eléctricas aos programas de turismo náutico dos xeodestinos A Coruña e As Mariñas e Barbanza Arousa

O vicepresidente e responsable de Turismo da Deputación, Xosé Regueira
O vicepresidente e responsable de Turismo da Deputación, Xosé Regueira
“A concesión avanza no noso proxecto de aproveitamento dos recursos fluviais, moi claramente sustentábel, pois estas dúas barcas estarán propulsadas por enerxía limpa”, salientou o vicepresidente provincia e responsable de Turismo, Xosé Regueira. 
A Deputación cede senllas embarcacións eléctricas aos programas de turismo náutico dos xeodestinos A Coruña e As Mariñas e Barbanza Arousa

 Deputación da Coruña, dentro das súas liñas de mellora da calidade e da competitividade turística, acordou conceder  a cesión de senllas embarcacións eléctricas non somerxíbeis á Asociación de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos, no xeodestino A Coruña e As Mariñas, e á Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa Zona Norte, no xeodestino Barbanza Arousa. 

“Esta concesión avanza no noso proxecto de aproveitamento dos recursos fluviais, moi claramente sustentábel, pois estas dúas barcas estarán propulsadas por enerxía limpa”, salientou o vicepresidente provincial, Xosé Regueira. “É unha actuación máis dos varios programas pilotos relacionados co turismo fluvial  no que traballamos no departamento de Turismo, e cremos que moi interesante para un país como Galiza e para un provincia, como é a da Coruña, cun gran potencial fluvial”, engadiu.

O obxectivo da área de Turismo é que o programa chegue, en vindeiras anualidades, á totalidade do territorio e que os seis xeodestinos da provincia poidan contar con cadansúa embarcación. “Trátase de seguir dando pasos no deseño e estrutura dun produto fluvial que teña rendibilidade e retorno no territorio, tanto a nivel de emprego como de economía e mesmo de ocio para a poboación residente", explicou Regueira.

A Deputación cede senllas embarcacións eléctricas aos programas de turismo náutico dos xeodestinos A Coruña e As Mariñas e Barbanza Arousa