A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DESTINARÁ 450.000 EUROS EN 2022 PARA FINANCIAR ESTE SERVIZO

María Muíño: "Coa nova convocatoria de axudas para a contratación de axentes estamos máis preto da Rede provincial de concellos pola igualade"

A deputada provincial de Igualdade, María Muíño
A deputada provincial de Igualdade, María Muíño
“A Rede pola igualdade permitirá unha mellor coordinación, impacto e eficacia das accións e iniciativas, pero está claro que sen persoal técnico especializado non é posible unha sociedade libre de violencias ou igual para todos", explicou Muíño a propósito da nova liña de subvencións, cuxa convocatoria, destinada a concellos de menos de 20.000 habitantes, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 25 de febreiro.
María Muíño: "Coa nova convocatoria de axudas para a contratación de axentes estamos máis preto da Rede provincial de concellos pola igualade"

A Deputación da Coruña destina neste exercicio 450.000 euros para o financiamento de axentes de igualdade dos concellos e entidades locais, a través dunha convocatoria que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 25 de febreiro.

Esta liña de axudas está destinada a concellos de menos de 20.000 habitantes e ten por obxecto a financiación de persoal técnico especializado en igualdade para a dinamizacón e o desenvolvemento de políticas de igualdade en coordinación coa área de Igualdade da Deputación no marco do ‘I Plan de acción das políticas de igualdade de xénero 2019- 2023’.

Coa achega da Deputación para a contratación de axentes de igualdade, trece concellos da provincia incorporaron en 2021 persoal técnico para a mellora dese servizo: A Laracha, Dodro, A Pobra, Brión, Tordoia, Fene, Boimorto, Rois, Trazo, Cabanas, Camariñas, Coirós e San Sadurniño. Betanzos, Rianxo, Melide e Dodro tamén iniciaron os procesos de contratación de técnicos. Neste sentido, a deputada provincial de Igualdade, María Muíño, salienta que o seu departamento xa se ten moi avanzado o traballo para que a Rede de concellos pola igualdade da provincia sexa unha realidade, o que permitirá unha mellor coordinación, impacto e eficacia das accións e iniciativas. “O que está claro”, afirmou, “é que sen persoal técnico especializado non é posible unha sociedade libre de violencias ou igual para todos, por iso a Deputación volve, este ano, destinar unha importante cantidade para axudar aos concellos á contratación de axentes de igualdade".

As bases da convocatoria están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 28 de xaneiro e tamén se poden consultar e descargar nesta ligazón: https://bit.ly/3ggj1Mk

María Muíño: "Coa nova convocatoria de axudas para a contratación de axentes estamos máis preto da Rede provincial de concellos pola igualade"