A Deputación destina 420.000 euros ao desenvolvemento de políticas de Igualdade e loita contra a violencia de xénero

A deputada provincial de Igualdade María Muíño
A deputada provincial de Igualdade María Muíño
“Desde o departamento de Igualdade da Deputación temos que apoiar políticas de igualdade que promovan accións de empoderamento e participación social, programas de mellora da empregabilidade, actividades de fomento da igualdade entre homes e mulleres ou proxectos que incidan no eido da conciliación familiar e a responsabilidade compartida”, explicou a deputada provincial María Muíño. 
A Deputación destina 420.000 euros ao desenvolvemento de políticas de Igualdade e loita contra a violencia de xénero

A área de Igualdade da Deputación da Coruña, que dirixe a deputada María Muíño, vén de aprobar unha nova liña de axudas para entidades sen fins de lucro co ánimo de promover o desenvolvemento de programas de Igualdade entre homes e mulleres e impulsar a loita contra a violencia de xénero durante  2022.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe as bases dunha convocatoria que ten por obxecto promover programas e accións que incidan na igualdade de xénero e afondar na erradicación da violencia machista e que consignará unha partida de 420.000 euros, cun mínimo de 1.000 euros e un máximo de 40.000 para cada beneficiario. O prazo de solicitude estará aberto desde mañá ata las 14 horas do próximo 3 de marzo.

“Desde o departamento de Igualdade da Deputación temos que apoiar políticas de igualdade que promovan accións de empoderamento e participación social, programas de mellora da empregabilidade, actividades de fomento da igualdade entre homes e mulleres ou proxectos que incidan no eido da conciliación familiar e a responsabilidade compartida”, explicou Muíño. “Nese sentido”, engadiu, “queremos seguir avanzando no grandes eixes do noso plan de acción, como son a Escola de Formación e Igualdade, que se complemente coas liñas xa postas en marcha, caso da rede de axentes pola igualdade, e para iso é imprescindible que subvencionemos programas socioeducativos, ben formulados e planificados, e que teñan continuidade".

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación. As bases poden consultarse e descargase na seguinte dirección: https://bit.ly/3upxzl7

A Deputación destina 420.000 euros ao desenvolvemento de políticas de Igualdade e loita contra a violencia de xénero