Novas
WhatsApp Image 2019-06-29 at 12.52.44

Un novo goberno para seguir no camiño iniciado hai catro anos

BNG e PSOE reeditan o pacto de goberno na Deputación co compromiso de “profundizar nas políticas seguidas na Deputación nos últimos catro anos”, que supuxeron “unha transformación radical” da institución.

O nacionalista Xosé Regueira dirixirá a única vicepresidencia. 

O socialista Valentín González Formoso seguirá presidindo a Deputación

Ler novas
Goretti Sanmartín

Unha acción política transformadora, máis social, igualitaria e transparente

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, anuncia que non formará parte do pleno e o goberno da institución no próximo mandato e fai un balance positivo de catro anos de traballo que transformaron a institución, eliminando o clientelismo e apostando por un modelo de xestión transparente e democrático. Goretti Sanmatín dedicarase integramente á política municipal no Concello de Santiago de Compostela.

Ler novas
Vídeo
Goretti Sanmartín. Balanzo de xestión: a batalla por Meirás

Goretti Sanmartín. Balanzo de xestión: a batalla por Meirás

No balanzo da súa xestión na área de Cultura, Goretti Sanmartín sinalou como fitos a constitución da Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás e a elaboración do informe que debe dar pé a unha demanda do Estado para recuperar o ben, demanda que volveu esixir "que se presente xa". Tamén indicou que a Rede Cultural e programas como 'Quere cantar' contribuiron decisivamente aos obxectivos de mellorar a atención á cultura galega. Sanmartín dixo que a Deputación foi quen de recuperar para a cultura o nivel de investimento anterior á crise. #gorettisanmartín 
 

Ler novas
Vídeo
Goretti Sanmartín. Despedida da Deputación Provincial.

Goretti Sanmartín. Despedida da Deputación Provincial.

Goretti Sanmartín, a vicepresidenta, responsábel da Área de Cultura e líder nacionalista no goberno de coalición na Deputación da Coruña, anunciou este xoves que non repetirá como deputada provincial no próximo mandato para concentrarse no traballo municipal na corporación de Compostela na que será portavoz do BNG.

Ler novas
Regueira

O proxecto do xeoparque do Cabo Ortegal concreta as primeiras liñas de traballo

Presidida pola alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy e o deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e os alcaldes das localidades do territorio desenvolveuse a prinicipios de mes en Moeche a cuarta xuntanza do Consello de Dirección do xeoparque do Cabo Ortegal en que se avanzou no plan de formación e sensibilización social e, de maneira especial, no programa de difusión en centros de ensino e implicación no ámbito do desenvolvemento local.

Ler novas
CulDereito DEPU

"Boas prácticas cara a igualdade no sector cultural", o 29 en Mariñán

O vindeiro mércores 29 de maio, o Pazo de Mariñán abrirase para acoller a xornada profesional "Boas prácticas cara a igualdade no sector cultural", organizada pola área de Cultura daDeputación da Coruña que se insire no programa de formación e debate "A Cultura é un dereito". A xornada forma parte do festival "Elas son artistas" que chega este ano a súa segunda edición.

Ler novas