CULTURA

A Deputación da Coruña colabora nas Xornadas de Ilustración Urbana que volven a Compostela en formato virtual

Xurxo Couto
Xurxo Couto
A Deputación da Coruña colabora nas Xornadas de Ilustración Urbana que volven a Compostela en formato virtual

A área de Cultura da Deputación da Coruña colabora coas Xornadas de Ilustración Urbana que regresan un outono máis a Compostela, este ano, estreando formato completamente virtual para adaptarse ás medidas sanitarias para a prevención da covid.

O deputado de Cultura, o nacionalista Xurxo Couto xunto coa concelleira de Acción Cultural, Mercedes e a organizadora das Xornadas, Gemma Sesar, participaron en Santiago na presentación o programa que se desenvolverá o día 7 de novembro.

Moderadas nesta edición por Maru Godas, as Xornadas reúnen unha serie de entrevistas e conversas cos artistas máis salientables do panorama estatal desta disciplina.

Zoom é a plataforma que permitirá ao público asistir a estas conversas que comezan coa artista María Herreros na sesión das 12 da mañá, seguida de Catalina Rodríguez, que indagará sobre os seus cadernos de viaxe dos camiños de Santiago e de Kumano.

A mañá rematará cunha conversa sobre a exposición Xirarei, comisariada por Fausto Isorna para o Auditorio de Galicia e que se clausurou o pasado mes de setembro. Para as sesións da tarde contarase cunha entrevista a Pablo Rosendo, que achegará ás Xornadas ás sendas de Ons, seguida dunha conversa de Luis Ruiz Padrón sobre ilustración e xornalismo.

Pechará as xornadas a súa moderadora, a artista Maru Godas. O público poderá interactuar cos ilustradores a través do chat, que responderán en directo ás súas preguntas. A asistencia ás xornadas é gratuíta, pero é preciso inscribirse nelas a través da páxina do evento, www.xornadasdeilustracionurbana.com

A Deputación da Coruña colabora nas Xornadas de Ilustración Urbana que volven a Compostela en formato virtual