Turismo da Deputación da Coruña achega máis de dous millóns de euros para a mellora e profesionalización do sector

Xosé Regueira.BNG
Xosé Regueira.BNG
A través de dúas liñas de concorrencia destina 1.263.636 € para os entes de xestión para mellora da calidade e 787.812 € para a profesionalización das áreas municipais
Turismo da Deputación da Coruña achega máis de dous millóns de euros para a mellora e profesionalización do sector

Máis de dous millóns de euros é o orzamento que a área de Turismo da Deputación da Coruña, que dirixe o tamén vicepresidente Xosé Regueira, destina á mellora e profesionalidade do sector. Un total de 1.263.636 € distribúense entre entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade e para a organización de actividades e 787.812 € teñen como obxectivo a contratación de persoal técnico para os concellos.

O BOP de hoxe publica a resolución das dúas liñas de axudas coas que a área de Turismo da Deputación da Coruña contribúe á mellora e profesionalización dun sector especialmente afectado pola pandemia. "Neste ano e, coa situación que estamos a vivir, estas dúas liñas de subvencións son aínda máis necesarias xa que suporán unha inxección económica de grande valor para as urxencias que se impuxeron despois da aparición da covid. Tanto os distintos entes de xestión como os concellos, precisan adaptar o sector a esta nova situación e ofrecer destinos de calidade, seguros e saudábeis e estas axudas serán importantes para conseguilo", apunta o deputado de Turismo e tamén vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

Con axudas que ascenden até 120.000 €, a área de Turismo da Deputación da Coruña apoia o traballo de entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios do sector para financiar as súas actividades e as liñas de traballo para a mellora da calidade e competitividade.

Na resolución publícase a concesión dun orzamento de 1.263.635€ que se distribúen en 16 entidades, desde asociacións de concellos como os do Camiño Inglés, Camiño da Ría de Muros-Noia ou Asociación de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia, mancomunidades como a de concellos de Ferrol, Ordes ou Ría de Arousa-Zona Norte; asociacións empresariais como a do Camiño de Santiago a Fisterra Muxía-Solpor, de Promoción Turística de Camariñas ou a de Desenvolvemento do Turismo de Calidade da Comarca de Ortegal ou outras entidades como Costa da Morte Asociación Turística C.M-.A.T, Asociación socio-cultural Auga e Sal,; Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos ou Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla-Tambre-Mandeo ademais das que xestionan o turismo nas tres cidades da provincia, Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e Incolsa de Santiago, Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol.

En canto á liña de axudas para a contratación de persoal técnico das áreas de turismo municipal, a convocatoria permitirá que 56 concellos de menos de 50.000 habitantes podan contar con especialistas no sector para a xestión dos novos retos na recuperación da pandemia.

"A profesionalización das áreas municipais tamén nos concellos de menos poboación é tamén un dos obxectivos da área de Turismo da Deputación da Coruña que aposta claramente por unha oferta de calidade, máis aínda nunha situación como esta en que os estándares teñen que ser alto, polas propios protocolos impostos pola covid e pola necesidade de ofrecer seguridade nos destinos", sinala o deputado de Turismo, Xosé Regueira.

Para o responsábel da área, a liña é tamén especialmente importante porque contribúe á "empregabilidade de persoas con formación no sector o que achega coñecemento e calidade ás administracións locais".

CONVOCATORIA PARA ENTES DE XESTIÓN, ASOCIACIÓNS, MANCOMUNIDADES E CONSORCIOS TURÍSTICOS

Entidade

Concedido

ASOC. DE CONCELLOS DO CAMIÑO INGLÉS 115.000,00

ASOC. PROFESIONAL DE EMPRESARIOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO A FISTERRA-MUXÍA 32.449,58

ASOC.PARA DESENVOLVEMENTO DO TURISMO DE CALIDADE COM.ORTEGAL 15.488,00

ASOC. DE CONCELLOS DO CAMIÑO DA RIA DE MUROS NOIA 80.000,00

ASOC. DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS-BETANZOS 115.000,00

ASOC. EMPRESARIOS E DE PROMOCIÓN TURÍSTICA CAMARIÑAS 39.250,00

ASOC. GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM 23: ULLA TAMBRE MANDEO 89.750,00

ASOC. RURAL DE DESENVOLVEMENTO DA RIA DE MUROS-NOIA 46.177,60

ASOC. SOCIO-CULTURAL AUGA E SAL 30.419,74

CONSORCIO DE TURISMO Y CONGRESOS 120.000,00

COSTA DA MORTE ASOCIACIÓN TURÍSTICA C.M.A.T. 85.840,00

INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN LOCAL, S.A. 120.000,00

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS COMARCA DE FERROL 115.000,00

MANCOMUNIDADE MUNICIPIOS COMARCA DE ORDES 59.260,96

MANCOMUNIDADE RÍA DE AROUSA-ZONA NORTE 110.000,00

SOCIEDADE MIXTA DE TURISMO DE FERROL, S.A. 90.000,00

TOTAL: 1.263.635,88

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO MUNICIPAL

CONCELLOS

Concedido

A LARACHA 13.000,00

A POBRA DO CARAMIÑAL 19.351,89

AS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ 14.483,49

ARES 12.901,26

ARTEIXO 15.335,46

ARZUA 15.335,46

BETANZOS 15.457,17

BOIRO 19.848,22

BOQUEIXÓN 7.424,31

CABANAS 12.657,84

CAMARIÑAS 18.865,05

CAMBRE 13.266,39

CARBALLO 19.717,02

CARIÑO 11.805,87

CARNOTA 15.335,46

CEDEIRA 14.605,20

CEE 11.805,87

CERCEDA 10.588,77

CORCUBIÓN 12.414,42

CULLEREDO 9.858,51

DUMBRIA 13.022,97

FENE 9.128,25

FISTERRA 18.134,79

MALPICA DE BERGANTIÑOS 16.065,72

MELIDE 16.065,72

MIÑO 17.282,82

MOECHE 10.183,24

MONFERO 10.649,63

MUGARDOS 11.075,61

MUROS 18.378,21

MUXÍA 15.700,59

NEDA 8.763,12

NEGREIRA 10.000,00

NOIA 11.440,74

OLEIROS 16.917,69

OROSO 11.805,87

ORTIGUEIRA 15.335,46

OUTES 12.779,55

PADRÓN 17.774,54

PONTECESO 18.013,08

PONTEDEUME 15.578,88

PORTO DO SON 16.065,72

RIANXO 17.404,53

RIBEIRA 20.000,00

ROIS 8.884,83

SADA 18.986,76

SANTISO 10.710,48

SOBRADO DOS MONXES 11.805,87

TEO 19.047,62

TOURO 9.249,96

VALDOVIÑO 11.319,03

VEDRA 12.414,42

VILASANTAR 9.736,80

VIMIANZO 15.335,46

ZAS 14.848,62

PINO 13.847,92

TOTAL: 787.812,16

Turismo da Deputación da Coruña achega máis de dous millóns de euros para a mellora e profesionalización do sector