O proxecto do xeoparque do Cabo Ortegal concreta as primeiras liñas de traballo

Regueira

Presidida pola alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy e o deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e os alcaldes das localidades do territorio desenvolveuse a prinicipios de mes en Moeche a cuarta xuntanza do Consello de Dirección do xeoparque do Cabo Ortegal en que se avanzou no plan de formación e sensibilización social e, de maneira especial, no programa de difusión en centros de ensino e implicación no ámbito do desenvolvemento local.

O proxecto do xeoparque do Cabo Ortegal concreta as primeiras liñas de traballo

"Este ano vai ser fundamental á hora de intensificar a implicación social do proxecto de xeoparque e, neste sentido, comezaremos a traballar nos centros de ensino para que coñezan a iniciativa e tamén en desenvolvemento local a través do tecido empresarial e asociativo" sinala a presidenta do Consello de Dirección do proxecto do xeoparque do Cabo Ortegal e alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, quen destaca a necesidade de sumar forzas nos concellos para afortalar a candidatura de Ortegal.

 

Por parte da Deputación da Coruña, o deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou que, con é preciso que o territorio "se implique e dar pasos firmes para avanzar en transformar o proxecto nunca candidatura real á certificación da UNESCO". Valorou tamén que as xornadas do fin de semana tiñan como un dos principais obxectivos "establecer as necesarias alianzas cos colectivos sociais representativos, e coa sociedade en xeral porque o proxecto debe transcender xa á mera corporación entre administracións e pasar a ser patrimonio do territorio e da sociedade que nel habita".

 

O obxectivo da xuntanza foi, por unha banda, coñecer as conclusións das xornadas que se desenvolveron o pasado fin de semana das que se destacou a participación do tecido social, asociativo, cultural, técnico e empresarial do territorio. A actividade respondeu, segundo se valorou , á premisa de que un xeoparque debe conformarse de "abaixo a arriba" como quedou patente coa asistencia dos actores fundamentais tanto as charlas, como a excursión e as mesas de traballo. As sensacións foron moi positivas tanto por parte dos 7 concellos como dos avaliadores que formaron parte das mesmas.

O proxecto do xeoparque do Cabo Ortegal concreta as primeiras liñas de traballo