Vontade de unión nos concellos para o Xeoparque do Ortegal

Alcaldes e deputados asistiron ao encontro con Asier Hilario sobre o Xeoparque de Ortegal.
Alcaldes e deputados asistiron ao encontro con Asier Hilario sobre o Xeoparque de Ortegal.

O experto Asier Hilario explicou a alcaldes e deputados as claves para conseguir o recoñecemento da Unesco.

Vontade de unión nos concellos para o Xeoparque do Ortegal

A unidade é unha das claves que o director científico do Xeoparque da Costa Vasca, Asier Hilario, deu como recomendación para que o proxecto de Ortegal chegue a bo porto. O alcalde de Valdoviño, Alberto González Fernández, o de Ortigueira, Juan Vicente Penabad Muras, o de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, o de San Sadurniño, Secundino García Casal, o de Cerdido Benigno Galego Castro, o de Cedeira, Pablo Moreda Gil e a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoi Maceiras participaron no encontro ao que tamén asistiu o deputado de Turismo, Xosé Regueira, e o de Patrimonio e Contratación, Xesús Soto

 

A xuntanza convocada en San Sadurniño desde a área de Turismo da Deputación da Coruña serviu para pór de manifesto que a unidade institucional e social á hora de defender o proxecto, ademais dun plan director que contemple a constitución dun ente xestor propio, son as pezas chave para conseguir o recoñecemento.

 

O deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou que "a cooperación é un valor engadido deste proxecto que ten recursos abondosos mais compre construír o seu propio relato para conseguir as visitas". Engadiu Regueira que no caso de Ortegal "estanse a seguir os pasos correctamente: cohesión, cooperación e relato e con esas premisas a Deputación contribuirá a que o proxecto chegue a bo porto".

Vontade de unión nos concellos para o Xeoparque do Ortegal