A Deputación adxudica a redacción dos proxectos das Sendas dos Faros
O goberno provincial considera que este proxecto terá unha gran importancia para promover o turismo e diversificar a economía das poboacións costeiras nunha provincia que conta con 26 faros en funcionamento ao longo de 956 quilómetros de costa.
A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 45.051,94 euros a redacción dos proxectos técnicos para a construción das Sendas dos Faros, unha das iniciativas incluídas no Plan Director de Mobilidade Ciclista da institución provincial. A adxudicación supón inicio da redacción dos proxectos de obra de sendas ciclables que conectarán 11 faros das comarcas de Ferrolterra, Ortegal, Costa da Morte e Muros cos seus núcleos de poboación máis cercanos.
Os faros obxecto do proxecto serán os de Estaca de Bares (Mañón), Cabo Ortegal (Cariño), Punta Frouxeira (Valdoviño), Punta Nariga (Malpica), Laxe, Cabo Vilán (Camariñas), Cabo Touriñán (Muxía), Fisterra, Cabo de Cee (Corcubión), Lariño (Carnota) e Punta Queixal (Muros), nos que se deseñarán un total de 59,6 quilómetros de itinerarios de sendas ciclistas apoiados na rede viaria existente e cun ancho aproximado de 2 metros.
Sendas dos Faros
Faro |
Concello |
Lonxitude (km) |
Estaca de Bares |
Mañón |
1,7 |
Cabo Ortegal |
Cariño |
3,6 |
Punta Frouxeira |
Valdoviño |
8 |
Punta Nariga |
Malpica |
14 |
Laxe |
Laxe |
1,4 |
Cabo Vilán |
Camariñas |
5 |
Cabo Touriñán |
Muxía |
16 |
Fisterra |
Fisterra |
3 |
Cabo de Cee |
Corcubión |
3,4 |
Lariño |
Carnota |
0,9 |
Punta Queixal |
Muros |
2,6 |
TOTAL |
|
59,6 km |